Ramón Díaz Raña
Ramón Díaz Raña, nado Arante-Ribadeo en 1938 e finado en Estremadura en xuño de 2022, foi un sacerdote e teólogo galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1938 ![]() Arante, España ![]() |
Morte | xuño de 2022 ![]() Cáceres, España ![]() |
Educación | Universidade Pontificia Comillas Pontificia Universidade Gregoriana ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote, teólogo ![]() |
![]() |
Foi referente dunha Igrexa comprometida co galego e con Galicia. Rematou secularizándose.
Traxectoria.
editarEstudou no Seminario de Mondoñedo e Teoloxía na Universidade Pontificia de Comillas. Foi uns anos Secretario Particular do Bispo D. Jacinto Argaya. Neste tempo participou nas dúas derradeiras Sesións do Concilio Vaticano II. Volveu a Roma facer o Curso de Doutoramento en Teoloxía no Instituto de Espiritualidade da Universidade Gregoriana.[2]
De 1971 a 1990 estivo de Párroco en San Sadurniño. Alí foi animador do Grupo Saraibas, do festival Cantareliña,[3] da revista Pumariño,[4] ademais de participar en múltiples proxectos sociais da comarca. En 1996 colaborou con pseudónimo en El Ideal Gallego na sección “Carta aberta a D. Vicente”: cartas que un grupo de fresgueses lle escribían ao crego e a contestación deste.[1]
Mantivo unha estreita relación con Andrés Torres Queiruga, Segundo Leonardo Pérez López e Ramón Piñeiro. Foi cofundador da Revista Encrucillada, primeiro Presidente da Asociación “Irimia”, colaborador da revista Irimia[5] e promotor das Romaxes de Crentes Galegos. Puxo en marcha a publicación catequética e litúrxica Boa Nova, arredor da que se reunían sacerdotes como Xosé Chao Rego, Xaquín Campo Freire, Manolo Mejuto, Alfonso Gil Montalbo, Leoncio Pía, Manolo Cillero ou Martinho Montero Santalha.[2]
En 1975 o bispo destínao a Viveiro mais, perante as protestas da xente, ten que deixalo en San Sadurniño e as parroquias regálanlle un coche Dyan 6 e outros agasallos. Mesmo fixo de albanel en obras comunitarias.
No ano 1978 escribiu unha peciña de teatro, un auto de Nadal, que anos máis tarde se publicou co título Recobrou o sorriso o Eleuterio, asinada con Xosé Manuel Carballo.[6] En 1990 deixou a parroquia para dedicarse a tarefas económicas, foi encargado da Librería Diocesana en Ferrol, deu clases de relixión, colaborou co Proxecto Home de Santiago.
En 1992 secularizouse, casou e desde 2003 viviu en Cáceres.[2]
Foi un grade coñecedor de toda a poesía galega sobre todoe máis de Rosalía de Castro, sobre a que tentou facer a súa tese "Sentimento relixioso en Rosalía de Castro", aínda que non chegou a rematala.[7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "“Historia dunha vidiña” por Ramón Díaz Raña" (PDF). falamedesansadurnino. Consultado o 15 de xuño de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Loureiro, Ramón (2022-06-06). "A Igrexa e a Cultura de Galicia perden a Ramón Díaz Raña, teólogo e experto na obra de Rosalía". La Voz de Galicia. Consultado o 2022-06-15.
- ↑ "Ramón Díaz Raña – Luzes". Consultado o 2022-06-15.
- ↑ "Nace "Pumariño"". www.falamedesansadurnino.org. Consultado o 2022-06-15.
- ↑ "Ramón Díaz Raña, autor en Asociacion Irimia". Asociacion Irimia. Consultado o 2022-06-15.
- ↑ "RECOBROU O SORRISO O ELEUTERIO. Ramón Díaz Raña Xosé Manuel Carballo - PDF Download grátis". docplayer.com.br. Consultado o 2022-06-15.
- ↑ Diario, Nós (2022-06-15). "Raña e a nova Igreja Galega". Nós Diario. Consultado o 2022-06-15.