Ramón Caldas García
político galego
Ramón Caldas García, nado en Caldas de Reis e finado no mesmo concello en outubro de 2008,[1] foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX ![]() Caldas de Reis, España ![]() |
Morte | outubro de 2008 ![]() Caldas de Reis, España ![]() |
![]() | |
24 de febreiro de 1968 – 1979 ← Francisco Álvarez Gómez – Adolfo Abalo Ríos → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Traxectoria
editarIngresou como voluntario na Mariña de Guerra en 1938. Funcionario do Xulgado de Caldas de Reis, no franquismo militou en FET y de las JONS, foi Prohombre da Hermandad de Labradores, Delegado Comarcal das Juventudes, delegado da Garda de Franco, concelleiro e foi nomeado alcalde e Xefe local do Movemento de Caldas de Reis, tomando posesión o 24 de febreiro de 1968.[2] Permaneceu como alcalde até 1979. Recibiu a insignia da Orde de Cisneros en 1970.[3]
Predecesor: Francisco Álvarez Gómez |
Alcalde de Caldas de Reis 1968 - 1979 |
Sucesor: Adolfo Abalo Ríos |