Rally do Albariño de 1994
3ª edición do Rally do Albariño
O Rally do Albariño de 1994 foi a 3ª edición de dito rally e a primeira proba da tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 26 de marzo de 1994 e o vencedor foi Miguel Dopico, sobre un Ford Escort RS Cosworth.
Tipo | edición de rally ![]() |
---|---|
Parte de | Rally do Albariño e Tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Número de edición | 3 (1994) ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Luis Miguel Dopico Abelleira ![]() |
Resumo
editarO treito decisivo para determinar as primeiras posicións foi o terceiro. Miguel Dopico, Javier Paz e Arturo Rial loitaban pola primeira praza, pero este último estoupou unha roda, polo que caeu á 14ª posición, mentres que foi Dopico quen se asegurou a primeira posición. Finalmente Rial foi un dos 12 pilotos que tiveron que abandonar, entre eles tamén Manuel Senra.[1]
Clasificación
editar# | Piloto | Copiloto | Automóbil | Tempo |
---|---|---|---|---|
1 | Miguel Dopico | Álvaro Louro | Ford Escort RS Cosworth | 36:06 |
2 | Javier Paz | Manuel García | Ford Escort RS Cosworth | 36:10 |
3 | Germán Gómez | Juan Barros | Ford Escort RS Cosworth | 37:08 |
4 | Roberto Blach | José Antonio Gómez | Peugeot 309 GTI 16v | 37:36 |
5 | Pérez | Lorenzo | Renault Clio 16v | 38:28 |
6 | José María Magdaleno | Julio Garriga | Renault Clio 16v | 38:38 |
7 | Emilio Barros | Carlos Dafonte | Renault Clio 16v | 38:55 |
8 | Pedro Luis Castañón | Miguel Ángel Vilas | Citroën AX Sport | 38:56 |
9 | Rafael Pérez | Cristóbal Beade | Renault 5 GT Turbo | 39:11 |
Manuel Varela | Herminio González | Peugeot 205 Rallye | 39:58 | |
Abandonos | ||||
Arturo Rial | Juan Carlos Arias | Citroën AX Sport | ||
Manuel Senra | Peugeot 309 GTI 16v |
Notas
editar- ↑ "Dopico, del Siroco Team, vencedor del III Ralli do Albariño". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de marzo de 1994. p. 57.
Predecesor: - |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1994 |
Sucesor: Rally de Noia |