Rally Serra Morena
O Rally Serra Morena é unha proba de rally que se celebra dende 1978 na provincia de Córdoba, nas inmediacións da Serra Morena. Está organizado polo Automóvil Club de Córdoba e dende 2008 puntúa para o Campionato de España de Rallys.[1] En 2021 entrou a formar parte do Súper Campionato de España.
Tipo | competición deportiva ![]() |
---|---|
Deporte | deportes de motor ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Vixencia | 1978 – ![]() |
Historia
editarA primeira edición foi organizada pola Escudería Mezquita en 1978, e puntuou para o Campionato de Andalucía. Dous anos máis tarde conseguiu entrar dentro do Campionato de España. No ano 1990 foi incluído dentro do Campionato Europeo de Rally pero ao ano seguinte perdeu estas dúas distincións e volveu formar parte só do campionato andaluz.
En 1993 preinscribiuse para o Campionato de España, categoría que ostentou durante catro anos. Entre 1999 e 2003 a proba non se celebrou ata que en 2004 a escudaría Rall Racing decidiu recuperar a proba e logrou incluíla de novo no campionato nacional en 2008. Desde 2012 ata a actualidade, o Automóvil Club de Córdoba é o encargado da súa organización.
En 2021 o Súper Campionato de España de Rallys pasou a ser o principal certame do país e o Rally Serra Morena foi a proba inaugural do calendario.[2]
Palmarés
editarNotas
editar- ↑ "Palmarés". palmaressierramorena.blogspot.com.es (en castelán). Consultado o 11 de abril de 2021.
- ↑ "Súper campeonato de Rallyes de España 2021: arranca una nueva era" (en castelán). 9 de abril de 2021. Consultado o 11 de abril de 2021.
- ↑ Clasificación final 2010.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Palmarés ata 2010. Arquivado dende o orixinalArquivado 09 de novembro de 2011 en Wayback Machine. o 9 de novembro de 2011 (en castelán).
- Sitio web oficial Arquivado 11 de abril de 2021 en Wayback Machine. (en castelán).