Rally San Froilán de 2020
O Rally San Froilán de 2020 foi a 42ª edición de dito rally e a segunda proba da tempada 2020 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse na provincia de Lugo o 17 de outubro de 2020 e os vencedores foron Víctor Senra e David Vázquez a bordo dun Škoda Fabia R5.[1][2]
Tipo | edición de rally |
---|---|
Parte de | Rally San Froilán e Tempada 2020 do Campionato de Galicia de Rally |
Número de participantes | 127 |
Localización e Datas | |
Localización | Provincia de Lugo (Galicia) 43°N 7°O / 43, -7 |
País | España |
Número de edición | 42 (2020) |
Foi a primeira proba do campionato tras a interrupción de máis de medio ano provocada pola pandemia por coronavirus.[3]
Itinerario
editarTC | Nome | Distancia | Hora | Gañador | Tempo | Líder |
---|---|---|---|---|---|---|
TC1 | Outeiro de Rei | 12,38 km | 8:28 | Víctor Senra | 6:32.157 | Víctor Senra |
TC2 | Friol | 10,40 km | 08:51 | Alberto Otero | 5:25.153 | |
TC3 | O Corgo | 12 km | 10:09 | Víctor Senra | 6:49.836 | |
TC4 | Outeiro de Rei | 12,38 km | 13:16 | Francisco Dorado | 6:34.285 | |
TC5 | Friol | 10,40 km | 13:39 | Adrián Díaz | 5:19.981 | |
TC6 | O Corgo | 12 km | 14:57 | Iago Caamaño | 6:47.676 | |
TC7 | Outeiro de Rei | 12,38 km | 18:04 | Francisco Dorado | 6:35.534 | |
TC8 | Friol | 10,40 km | 18:27 | Alberto Meira | 5:19.774 | |
TC9 | O Corgo | 12 km | 19:45 | Alberto Meira | 6:58.415 |
Inscritos
editarInscribíronse 127 equipos, entre eles 11 vehículos R5 e seis N5.[1] Destacaron as presenzas dos líderes do campionato Víctor Senra (Škoda Fabia R5), Iago Caamaño (estreando un Citroën C3 R5), Alberto Meira (Citroën DS3 R5), Alberto Otero (Hyundai i20 R5) e Óscar Palacio (cun novo Ford Fiesta MkII R5), ademais de Tino Iglesias (Ford Fiesta N5), Francisco Dorado (Volkswagen Polo GTI R5), Adrián Díaz (Ford Fiesta N5) ou o portugués Ricardo Costa (Hyundai i20 R5).[3]
Clasificación
editarPos | Piloto | Copiloto | Vehículo | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|---|---|
1 | Víctor Senra | David Vázquez | Škoda Fabia R5 | Yacar Racing | 56:40.324 |
2 | Alberto Otero | Jordan Vázquez | Hyundai i20 R5 | Escudería Lalín-Deza | 57:02.073 |
3 | Alberto Meira | José Murado | Citroën DS3 R5 | Recalvi Team | 57:03.993 |
4 | Francisco Dorado | Roi Torrente | Volkswagen Polo GTI R5 | Miño-Lugo | 57:40.842 |
5 | Iago Caamaño | Alberto Rodríguez | Citroën C3 R5 | Escudería Lalín-Deza | 57:46.910 |
6 | Ricardo Costa | Daniel Vilaça | Hyundai i20 R5 | RVS Motorsport | 58:00.215 |
7 | Jorge Pérez Oliveira | Avelino Martínez | Citroën DS3 R5 | Galicia Motorsport | 58:41.090 |
8 | Diego Vila | Álex Alonso | Renault Clio N5 | Recalvi Team | 59:09.118 |
9 | Óscar Palacio | Mario González | Ford Fiesta Rally2 | Recalvi Team | 59:16.930 |
10 | Tino Iglesias | Jorge Iglesias | Ford Fiesta N5 | Desguaces Tino Racing | 1:01:46.970 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Tramos, horarios y lista de inscritos Rallye San Froilán 2020" (en castelán). 9 de outubro de 2020. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ Gómez Cundíns, Pablo (17 de outubro de 2020). "Víctor Senra aplica o rodete no San Froilán e encarrila o Campionato Galego de ralis". La Voz de Galicia. Consultado o 19 de outubro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 Cachalvite, Andrés H. (15 de outubro de 2020). "El quién es quién de los 16 primeros vehículos inscritos en el Rally San Froilán". La Región (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2020.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar
Predecesor: Rally da Coruña |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 2020 |
Sucesor: Rally Mariña Lucense |