Rafael Escuredo
político español
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2019.) |
Rafael Escuredo Rodríguez, nado en Estepa (Sevilla) o 16 de abril de 1944, é un político español, primeiro Presidente da Xunta de Andalucía.
Biografía
editarNado en Estepa, licenciouse en Dereito pola Universidade de Sevilla en 1967, onde daría clases de Dereito do Traballo ata 1976. O ano que comezou a dar clases afiliouse ao PSOE, e o ano seguinte fundou un despacho laboralista en Sevilla, xunto a Felipe González e outras personalidades políticas. Foi deputado tras as eleccións de 1977 (repetiría dous anos máis tarde), período durante o que negociaría as condicións da preautonomía andaluza. O 2 de xuño de 1979, Rafael Escuredo é elixido Presidente da Xunta de Andalucía, cargo que ocuparía ata 1984. Dende entón exerce como avogado.
Recoñecementos
editar- Fillo Predilecto de Andalucía, 1985
- Unha rúa no campus da Canella, da Universidade de Almería, leva o nome de Rafael Escuredo.
Predecesor: Ningún |
Conselleiro de Obras Públicas da Xunta Preautonómica de Andalucía 1978-1979 |
Sucesor: Jaime Montaner Roselló |
Predecesor: Plácido Fernández Viagas |
Presidente da Xunta Preautonómica de Andalucía 1979-1982 |
Sucesor: Ningún |
Predecesor: Ningún |
Presidente da Xunta de Andalucía 1982-1984 |
Sucesor: José Rodríguez de la Borbolla |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rafael Escuredo |