Rafael Antonio Orense
político galego
Rafael Antonio de Orense Figueroa, nado en Padrón en 1845 e finado en Santiago de Compostela o 27 de abril de 1887,[1] foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1845 ![]() Padrón, España ![]() |
Morte | 27 de abril de 1887 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Adina ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, comerciante ![]() |
Traxectoria
editarFoi deputado provincial da Coruña. Foi elixido deputado polo distrito de Padrón nas eleccións de abril de 1872 e volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito nas eleccións de 1876. Nas eleccións de 1881 foi elixido deputado polo distrito de Cambados e nas de 1886 volveu ser elixido polo distrito de Padrón.
Vida persoal
editarCasou con Benigna Artime Santamarina, filla de Benigno Artime Álvarez, que finou en 1876.[2]
Recoñecementos
editar- Cabaleiro Gran Cruz da Orde do Cristo de Portugal.
- Comendador de número da americana de Isabel a Católica.
- Xefe superior honorario de Administración civil.
Notas
editar- ↑ El Eco Comercial, 3-5-1887, p. 1.
- ↑ El Diario de Santiago, 11-4-1876, p. 3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Sánchez Ortiz, Modesto; Berástegui, Fermín (1886). Las primeras cámaras de la Regencia. Datos electorales, estadísticos y biográficos (PDF). Madrid: Imprenta de Enrique Rubiños. p. 255. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de marzo de 2019.