Rašid Mahalbašić
Rašid Mahalbašić, nado o 7 de novembro de 1990 en Jesenice, Eslovenia, é un xogador austríaco de baloncesto profesional. Actualmente na Liga LEB, onde se desempeña na posición de pivote cunha altura de 2,10 m.
![]() (2017) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 7 de novembro de 1990 ![]() Jesenice, Eslovenia (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 210 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 101 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2006 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarNado en Jesenice, unha localidade situada ao norte de Eslovenia, na fronteira austríaca, Mahalbašić comezou a súa carreira como xogador de baloncesto profesional nos Kelag Wörthersee Piraten da Österreichische Basketball Bundesliga, a máxima categoría deste deporte en Austria. En febreiro de 2010 realizou unha proba co Montepaschi Siena da Serie A (LBA) italiana. Após o Adidas Eurocamp de Treviso realizado no verán dese mesmo ano, asina un contrato por seis anos co Fenerbahçe Ülker da Basketbol Süper Ligi e Euroliga.[1] Alí, entre decembro de 2010 e febreiro de 2011, é cedido ao Tofaş S.K., tamén da máxima categoría turca. Durante a súa cesión xoga contra precisamente contra o Fenerbahçe, conseguindo 14 puntos, 2 rebotes, 1 asistencia e 1 tapón.[2] Logo da cesión, volveu ao Fenerbahçe despois da lesión de Mirsad Türkcan, aínda que na seguinte temporada é cedido de novo, esta vez ao Split croata. Após regresar de volta ao equipo turco, en xaneiro de 2012, Mahalbašić rompe a súa vinculación co club e asina co Zlatorog Laško esloveno.
Na temporada 2012−13 asina polo Asseco Prokom da PLK polaca. Alí converteuse nun dos xogadores máis destacados cunha media de 11 puntos e 6,8 rebotes por xogo. Co equipo de Gdynia tamén chegou a súa estrea na Euroliga, onde en 10 encontros conseguiu unha media de 9,1 puntos e 6,8 rebotes por partido. Na temporada seguinte asina polo ČEZ Nymburk checo, onde consegue 10,1 puntos e 6,3 rebotes por partido na competición doméstica e 11,3 puntos e 6,2 rebotes por encontro na Eurocup. Na temporada 2014−15, no BC Astana da VTB United League aumenta os seus rexistros até conseguir 14,6 puntos e 6,6 rebotes por encontro. AO ano seguinte continuou xogando na VTB League, esta vez no Nizhny Novgorod. Ao ano seguinte regresou á liga turca, empezando a temporada no Yeşilgiresun Belediye. Após nove encontros nos que conseguiu facer unha media de 11,2 puntos e 5,9 rebotes, asina polo Real Betis da Liga ACB. Tras finalizar a camapaña, Mahalbašić recala no EWE Baskets Oldenburg da Basketball Bundesliga alemá, onde permanece até 2021. Tras finalizar a súa vinculación, asina co AS Monaco para xogar os play-offs da LNB Pro A. O 22 de xullo de 2021 anúnciase a súa incoporación ao Río Breogán, equipo co que regresa á Liga ACB. No club lucense permance unha temporada, onde axuda ao equipo a disputar a Copa do Rei. Tras finalizar a temporada, o club lucense decide non renovar ao xogador, que asina posteriormente por un equipo da Liga LEB.
Equipos
editarRašid Mahalbašić xogou nos seguintes equipos ao longo da súa carreira profesional.[3]
- Wörthersee Piraten (ÖBB, 2015–2018)
- Fenerbahçe Ülker (BSL, 2010)
- Tofaş S.K. (BSL, 2010−2011)
- KK Split (HT Premijer liga, 2011)
- Zlatorog Laško, (1. SKL, 2012)
- Asseco Prokom (PLK / Euroliga, 2012−2013)
- ČEZ Nymburk (NBL, 2013−2014)
- BC Astana (VTB, 2014−2015)
- Nizhny Novgorod (VTB, 2015−2016)
- Yeşilgiresun Belediyespor (BSL, 2016)
- Real Betis (ACB, 2016−2017)
- EWE Baskets Oldenburg (BBL, 2017−2021)
- AS Monaco Basket (LNB Pro A, 2021)
- Río Breogán (ACB, 2021−2022)
- Hereda San Pablo Burgos (LEB, 2022−presente)
Notas
editar- ↑ "Rasid Mahalbasic joins Fenerbahce Ulker Istanbul". Eurobasket (en inglés). 17 de setembro de 2010. Consultado o 31 de xullo de 2021.
- ↑ "Rasid Mahalbasić 2010-11". TBLStat.net (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2021.
- ↑ "Rašid Mahalbašić player profile". Asia Basket. 22 de xullo de 2021.