RU-38 (hóckey sobre xeo)
O Rosenlewin Urheilijat-38, tamén coñecido como RU-38, foi un equipo de hóckey sobre xeo da fábrica de Rosenlew de Pori, Finlandia. O equipo naceu en 1938, mais o seu equipo de hóckey sobre xeo comezou a súa actividade posteriormente. O RU-38 tiña diversas seccións e inicialmente o Rosenlew foi moi coñecido polo seu equipo de fútbol no verán e polo de bandy noo inverno. Na década de 1950 comezou a involucrarse máis seriamente no hóckey sobre xeo.
RU-38 | |
---|---|
Fundación | 1938 |
Desaparición | 1967 |
Cidade | Pori, Satakunta Finlandia |
Estadio | Juhannuslehdon kenttä –1964 Isomäen tekojäärata 1964–1967 |
Liga | SM-sarja (1964–1967) |
Campionatos | 1 (1967) |
Cores | Branco, amarelo e negro |
O RU-38 gañou o campionato finlandés en 1967. Despois de conseguir o campionato o equipo fusionouse co seu rival, Porin Karhut. Da fusión naceu Porin Ässät, que na actualidade compite na liga profesional finlandesa, a Liiga.
Palmarés
editarTrofeos colectivos
editar- A Kanada-malja (Copa Canadá) era entregada ao equipo campión da SM-sarja, e actualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. RU-38 proclamouse campión de Finlandia en 1967.[1]
- Campión: 1965[2]
Trofeos individuais
editar- Trofeo Aarne Honkavaara:[a] outorgado ao máximo goleador durante a tempada regular. Foi entregado por primeira vez en 1934, antes da profesionalización da liga. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador de Ilves e seleccionador masculino Aarne Honkavaara. Un único xogador do equipo alzouse como máximo goleador da liga:[1]
- Matti Keinonen: 1967
- Trofeo Veli-Pekka Ketola:[a] outorgado anualmente dende 1934, antes da profesionalización da liga, ao xogador que máis puntos rexistrou ao longo da tempada. O trofeo leva o nome do ex xogador Veli-Pekka Ketola, internacional con Finlandia e nomeado mellor xogador finlandés en dúas ocasións (1974 e 1978). Tan só un xogador do equipo conseguiu o galardón:[1]
- Matti Keinonen: 1967
- Trofeo Raimo Kilpiö:[a] entregado dende 1954, antes da profesionalización da liga, ao xogador con máis deportividade. Leva o nome de Raimo Kilpiö, ex xogador de RU-38, entre outros, e da selección nacional. O mesmo xogador que lle dá o seu nome ao trofeo foi o único xogador do equipo en recibilo:[1]
- Raimo Kilpiö: 1967
- Equipo das estrelas: dende que se comezaron a deseñar os equipos das estrelas en 1962 varios xogadores do equipo foron escollidos para confeccionar o mellor equipo da liga:
- 1963: Raimo Kilpiö
- 1964: Raimo Kilpiö
- 1965: Raimo Kilpiö
- 1966: Pekka Kuusisto e Matti Keinonen
Notas
editar- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 9 de xullo de 2022.
- ↑ "Jääkiekko 1960-Luku" (en finés). rosenlewurheilu.fi. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2021. Consultado o 10 de xullo de 2022.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Majasaari, Matti (1994). Pitkä laukaus (en finés). Satakunnan Kirjateollisuus Oy. ISBN 951-95837-5-0.