Río Turía

afluente do río Eo

O río Turía é un pequeno río de 9 quilómetros a unha altitude de 250 m sobre o nivel do mar, que nace no municipio de Taramundi (Asturias) e desemboca no río Eo no municipio da Pontenova (Lugo).

Modelo:Xeografía físicaRío Turía
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaTaramundi, España e A Pontenova, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaAsturias, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónrío Eo Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°21′14″N 7°11′27″O / 43.35402, -7.1909
Conca hidrográficaconca do Eo Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións9 (lonxitude) km

Descrición

editar
 
Río Turía despois de recibir a auga do río Cabreira en Taramundi.

O río Turía dálle nome ao val do Turía, que cruza horizontalmente até desembocar no río Eo. O río Turía aliméntase de numerosos arroios e regatos provenientes das serras que limitan o val, e é parte da Reserva da Biosfera do Eo.

Aínda que o río nace en Asturias, a maior parte do seu caudal atópase en Lugo.

O río Turía é fonte de traballo xa que as súas augas serven para xerar actividades socio-económicas baseadas en tradicións milenarias como son a artesanía da navalla e téxtil, así como a industria primaria coa cría de salmóns na piscifactoría da Pontenova.

Véxase tamén

editar

Bibliografía 

editar
  • Infoasturias.com Folleto electrónico turístico editado polo Principado de Asturias, Consellería de Educación, Cultura, Deportes e Mocidade. (en castelán)