Río Tunjuelo
O río Tunjuelo ou Tunjuelito é un río que atravesa as localidades de Sumapaz, Usme, Ciudad Bolívar, Tunjuelito, Kennedy e Bosa da cidade de Bogotá e unha mínima extensión en Soacha. A súa conca alberga a preto de dúas quintas partes da poboación total da cidade. Ten unha lonxitude de 73 km e, despois do río Bogotá, é o segundo maior da cidade. En 1930 empregáronse as súas augas para abastecer o seu primeiro acueduto. Desemboca no río Bogotá.
Tipo | río curso de auga ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Bogotá, Colombia ![]() | |||
| ||||
Etimoloxía
editarOs nomes Tunjuelo e Tunjuelito derivan de Cerro de los Tunjos, que recibe o seu nome dos tunjos, figuras votivas relixiosas dos muiscas, que habitron na rexión da sabana de Bogotá antes da conquista española.[1]
Percorrido
editarNace no encoro de Chisacá, localizado no páramo de Sumapaz no extremo sueste de Bogotá, e na fronteira da localidade de Bosa (antiga verea San Bernardino) co concello de Soacha (verea Bosatama) desemboca no río Bogotá, que á súa vez é afluente do río Magdalena.
Contaminación
editarDende os anos 1960 presenta unha problemática ambiental grave, que se fixo evidente nos anos 1980. As súas causas son a construción de canteiras na zona, o crecemento urbano non planificado, e a industrialización do sector, con procesos altamente contaminantes como a preparación de deterxentes e a industria de curtume.
Polo seu nivel de contaminación e de degradación adoita causar importantes problemas durante as súas enchentes.
Galería de imaxes
editar-
Río Tunjuelo en Ciudad Bolívar.
-
Río Tunjuelo.
-
Río Tunjuelo.
-
Río Tunjuelo en Tunjuelito.
Notas
editar- ↑ Osorio Osorio, 2007, p.29
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Tunjuelo |
A Galipedia ten un portal sobre: Colombia |
Bibliografía
editar- Bayona, Germán; Montenegro, Omar; Cardona, Agustín; Jaramillo, Carlos; Lamus, Felipe; Morón, Sara; Quiroz, Luiz; Ruíz, María C.; Valencia e Mauricio Parra, Victor (2010). Estratigrafía, procedencia, subsidencia y exhumación de las unidades paleógenas en el Sinclinal de Usme, sur de la zona axial de la Cordillera Oriental - Stratigraphy, provenance, subsidence and exhumation of the Paleogene succession in the Usme Syncline, southern axial zone of the Eastern Cordillera (PDF). Geología Colombiana 35. pp. 5–35. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30/03/2017. Consultado o 2017-03-16.
- Guerrero Uscátegui, Alberto Lobo (1992). Geología e Hidrogeología de Santafé de Bogotá y su Sabana. Sociedad Colombiana de Ingenieros. pp. 1–20.
- Montoya Arenas, Diana María; Reyes Torres, Germán Alfonso (2005). Geología de la Sabana de Bogotá. INGEOMINAS. pp. 1–104.
- Osorio Osorio, Julián Antonio (2007). El río Tunjuelo en la historia de Bogotá, 1900-1990 (PDF). Alcaldía Mayor de Bogotá. pp. 1–116. Consultado o 2017-02-28.