Río San Francisco (Bogotá)
O río San Francisco ou río Vicachá é un curso fluvial que atravesa a sabana de Bogotá de leste a oeste, e que está estreitamente relacionado coa historia da cidade. Este río marcaba o límite norte da Bogotá durante a época colonial. Nace no páramo de Cruz Verde[1] e baixa dende o cerro de Monserrate. Ao chegar á cidade é canalizado. Na actual avenida Jiménez coa rúa Sexta conflúe por baixo da terra co río San Agustín.
Tipo | río ![]() | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
División administrativa | Colombia ![]() | ||
Características | |||
Dimensións | 10 (![]() | ||
Historia
editarOrixinalmente era coñecido polos pobos indíxenas que habitaban a sabana de Bogotá como río Vicachá que significa "O resplandor da noite".[2] Era o río máis caudaloso da rexión e durante os seus primeiros séculos, abasteceu de auga a toda a cidade, servindo o seu curso como límite sur á xurisdición da parroquia de Las Nieves.
Co estabelecemento da comunidade relixiosa franciscana en 1550 e a construción da igrexa de San Francisco na ribeira norte, o río Vicachá adoptaría o nome de San Francisco.
Durante a década de 1930 o río foi canalizado e no seu lugar estabeleceuse a Avenida Jiménez.[2] Entre 1999 e 2001 construíuse o Eixo Ambiental recuperando un anaco do seu trazado orixinal.
Notas
editarVéxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Colombia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río San Francisco |
Bibliografía
editar- VV. AA., director Fabio Puyo Vasco, Historia de Bogotá Tomo III - Siglo XX, Bogotá, 2007. ISBN 9789588293318.