O Ruhr é un río da Alemaña, afluente do Rhin pola súa beira dereita. Ten unha lonxitude de curso de 221,2 km, cun caudal medio de 79 m³/s preto da súa foz en Duisburgo, o que o torna no quinto afluente do Rhin polo seu fornecemento de augas. Tal caudal é semellante ao do inglés río Támese.

Modelo:Xeografía físicaRío Ruhr
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaRenania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaGrisóns, Suíza Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Rin Editar o valor en Wikidata
Mapa
 51°12′49″N 8°33′30″L / 51.2136, 8.5583
51°27′03″N 6°43′23″L / 51.4508, 6.7231
Afluentes
50
Conca hidrográficaconca do Rin Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións217 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica4.485 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal79 m³/s Editar o valor en Wikidata
Estación fluvial en Mülheim an der Rhein

Percorrido

editar

O Ruhr ten un curso de sentido leste - oeste. Nace na rexión montañosa do Sauerland, na Renania do Norte-Westphalia (Nordrhein-Westphalen), a unha altitude de 670 m. Logo dun percurso de máis de 100 km a través do Sauerland, recibe o seu tributario principal, o Lenne, ao sur da cidade de Dortmund. De seguido forma o límite meridional da coñecida rexión industrial do Ruhr, densisimamente poboada (posto 42º na lista des megalópoles, con máis de 6 millóns de habitantes).

editar

O Ruhr é navegábel en 41 km, desde Mülheim an der Ruhr até Essen-Rellinghausen.

A conca ou bacía do Ruhr cobre 4.485 km².

Afluentes

editar

O máis importante dos seus tributarios é o río Lenne, que recibe pola marxe esquerda, e que alcanza 121,2 km de longo.

Cidades que atravesa

editar

O Ruhr baña primeiro as cidades de Meschede, Arnsberg, Wickede, Fröndenberg, Holzwickede, Iserlohn e Schwerte.

Logo o seu curso marca o límite meridional da área do Ruhr area, pasando polas cidades de Hagen, Dortmund, Herdecke, Wetter, Witten, Bochum, Hattingen, Essen, Mülheim e mais Duisburgo, onde se xunta co Rhin.

Véxase tamén

editar