Río Pambre

curso fluvial galego

O río Pambre é un afluente do río Ulla pola marxe esquerda. Nace na afluencia do rego de Gándaras e o rego de Laia, preto de Ponterrosa,[1] concello de Palas de Rei, por onde discorre todo o seu curso até que desemboca no Ulla.

Modelo:Xeografía físicaRío Pambre
Imaxe
Río Pambre ó pé do Castelo de Pambre, en Palas de Rei, Lugo.
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaProvincia de Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaGalicia, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónrío Ulla Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°50′58″N 7°58′06″O / 42.8494, -7.9683

Características

editar

É un gran río troiteiro[Cómpre referencia] sendo famosas as súas especies fóra da súa comarca. Ten un gran número de muíños, sendo un dos mais famosos o que leva o seu mesmo nome, muíño de Pambre. Na marxe dereita encóntrase o balneario de Pambre, distante tan só uns metros do leito do río; pola marxe esquerda encóntrase o castelo de Pambre, situado moi preto da súa desembocadura no Ulla.

Ó longo do seu curso crúzano as pontes de ponte Campaña, ponte Sambreixo, ponte de Pambre e ponte de Macara, nas proximidades da desembocadura.

  1. Instituto Geográfico Nacional de España. "Iberpix" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional. Buscar Ponterrosa. (WMTS de cartografía raster do IGN ed.). 1:25.000. MTN25. Consultado o 04/07/2019.