Río Outón
O río Outón é un afluente do Grande pola marxe dereita. A fervenza de Entrecruces atópase no seu curso.
Tipo | río | ||
---|---|---|---|
Inicio | |||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | ||
Localización | Ferrol | ||
Final | |||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | ||
Localización | río Grande | ||
Características | |||
Altitude | 422 m | ||
Curso
editarNace a 422 m ó pé do monte Alborín, preto de Ferrol, Rus (Carballo) e pasa polo Outón (Carballo) e pola Torre (Tordoia).[1][2] Na ponte de Ouxas recibe pola dereita o río de Calvos e pola esquerda o río Cativo, nunha paraxe dominada polo castro de Ouxas.[1][3][4] A partir deste punto descende rapidamente para formar un pequeno canón na presa de Sánchez (antiga central hidroeléctrica de 1915 que abasteceu a Carballo), que remata na fervenza de Entrecruces, un conxunto de saltos naturais de 50 m de altura total.[1] Finalmente descende entre rápidos ata o val do río Grande, onde desemboca entre San Paio e Férveda, na parroquia de Entrecruces (Carballo).[1]
Galería de imaxes
editar-
Ruta das Férvedas PR-G 142 á beira do Outón.
-
Río Outón augas abaixo da fervenza.
-
Val do Outón dende o miradoiro de Férveda.
-
Fervenza de Entrecruces nunha enchente.
-
Fervenza de Entrecruces.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°07'14.9"N 8°37'16.1"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
- ↑ Xunta de Galicia. "Mapa de fondo: Mapa Base Vectorial" (Mapa). Mapa Base Vectorial con capas de Hidrografía. 1:2.257. Información Xeográfica de Galicia. Consultado o 8/05/2016.
- ↑ La Voz - Carballo (27/03/2006). "El Seprona ya ha realizado varias inspecciones en el castro de Ouxas". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25/06/2015. Consultado o 12/05/2016.
- ↑ Xan X. Fernández Carrera (29/03/2006). "O Castro de Ouxas". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 26/06/2015. Consultado o 12/05/2016.
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |