Río Madeira
O río Madeira é o principal afluente sur do río Amazonas e o único da marxe dereita que lle achega augas da parte do hemisferio sur da cordilleira dos Andes. O sistema fluvial do Madeira—Mamoré—Grande, cunha lonxitude de 4207 km, faino un dos principais cursos de auga de Suramérica e está entre os vinte máis longos do mundo, así como tamén é un dos dez máis caudalosos do mundo.
(pt) Rio Madeira ![]() | |||||
Tipo | río ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | América do Sur ![]() | ||||
País da cunca | Bolivia, Brasil e Perú ![]() | ||||
División administrativa | Departamento de Pando, Bolivia, Rondonia, Brasil e Estado do Amazonas, Brasil ![]() | ||||
Localización | Rio Mamoré (pt) ![]() ![]() | ||||
Final | |||||
Localización | Amazonas ![]() | ||||
| |||||
Afluentes | Rio Abunã (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Conca hidrográfica | Bacía do río Amazonas ![]() | ||||
Características | |||||
Dimensións | 1.450 (![]() | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.420.000 km² ![]() | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 31.200 m³/s ![]() | ||||
A súa enorme cunca comprende parte do Brasil, Bolivia e o Perú e proporciónalle un caudal duns 32 000 m³/s. O río Madeira transcorre case integramente por territorio brasileiro, sendo nun pequeno tramo a fronteira internacional con Bolivia.
Fauna
editarA fauna ictiolóxica do río Madeira é particularmente rica. Ademais, unha subespecie do golfiño Inia geoffrensis, o Inia geoffrensis boliviensis, habita no sistema do Madeira e está en perigo de extinción.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Madeira |