Río Lengüelle
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
O Lengüelle é un río galego, afluente do Tambre pola súa marxe dereita, na provincia da Coruña.
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | |||
Localización | Tordoia | |||
Final | ||||
División administrativa | Berreo, España | |||
Localización | As Vendas do Lengüelle | |||
Desembocadura | río Tambre | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 27 () km | |||
Percorrido
editarNace no municipio de Tordoia, no monte dos Curros a uns 350 m de altura, atravesando unha pequena parte deste municipio, para a continuación formar o linde entre os municipios de Trazo e Oroso, entre os cales rende as súas augas ao Tambre, preto do lugar de Vendas do Lengüelle, en Trazo, e da Estación de Oroso, en Oroso. A súa lonxitude total é de preto de 27 km e a súa conca hidrográfica abrangue unha área de 328 km².
Afluentes
editarOs principais afluentes do Lengüelle son o Cabrón pola esquerda, e o río de Pontepedra pola esquerda.
Réxime hídrico
editarÉ un curso de réxime pluvial, de tipo oceánico, correspondendo a unhas precipitacións medias na súa conca de 1.600 mm anuais.
Outros datos
editarA pesar da pouca importancia xeográfica do Lengüelle, Eduardo Pondal fíxoo figurar nun dos seus poemas.