Río Lambre
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
O Lambre é un pequeno río galego da provincia da Coruña, que verte as súas augas na ría de Betanzos.
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | |||
Localización | Monfero | |||
Final | ||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | |||
Localización | Ría de Betanzos | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 15 () km | |||
Percorrido
editarO Lambre nace a 600 m de altura no monte da Pena da Uz (705 m), no concello de Monfero. Atravesa este concello e os de Vilarmaior, serve de linde entre este e o de Irixoa, e logo entre os de Miño e Paderne, para acabar desembocando na Ponte do Porco, novamente no municipio de Miño, na beira dereita da ría de Betanzos, despois dun percurso de 15 km.
Afluentes
editarOs afluentes deste río son pequenos regos de curto percorrido. Cabe citar na cabeceira, e pola beira dereita, o Lambruxo.
Réxime hídrico
editarO Lambre é un río de réxime pluvial, do tipo oceánico.
Explotación
editarSobre o Lambre, no concello de Vilarmaior, sitúase o encoro de Guimil, propiedade de Gas Natural Fenosa.
Étimo
editarO hidrónimo correspóndese coa denominación de tres lugares nos concellos de Irixoa e Paderne, que en principio parecen deber o seu nome ao do río. A fins do século XI (circa 1092) é citado xa como flumen Lambre. A partir de aí a cuestión está aberta. Luís Monteagudo propuxo un étimo *Lamaris, que evoluiría como Tamaris a Tambre (habería que supor desde un acusativo *Lamare, como para Tamare). Mais Schmoll supón que é comparábel ao Lambro, un afluente do Po, en Italia, para o que Krahe sostivo unha orixe iliria. O nome tamén se ten comparado á Flavia Lambris, unha cidade de época romana sita ás beiras do Cantábrico e mais outra denominada, con lectura insegura, Lambriaca ou Lambrica.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes do río Lambre.
-
Río Lambre.
-
A Ponte do Porco na desembocadura
-
Praia da Alameda na marxe dereita da desembocadura.
-
Desembocadura do río Lambre.