Río Guadalimar
O río Guadalimar é un afluente do Guadalquivir, pola súa marxe dereita, que corre principalmente por Andalucía. Polo seu caudal é o segundo tributario máis importante do Guadalquivir, despois do río Genil. A súa lonxitude é de 180 km.
Tipo | río curso de auga | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
División administrativa | Provincia de Xaén, España | ||||
Final | |||||
División administrativa | Provincia de Xaén, España | ||||
Localización | Río Guadalquivir | ||||
| |||||
Afluentes | Rio Guadalén (pt) , Rio Guadalmena (pt) , Frío River (tributary of the Guadalimar) (en) , Rio Trujala (pt) , Beas River (Jaén) (en) | ||||
Conca hidrográfica | conca hidrográfica do Guadalquivir | ||||
Características | |||||
Dimensións | 167 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 5.327 km² | ||||
Percorrido
editarO Guadalimar nace ao pé do Cerro Almenara, na Serra de Alcaraz, na provincia de Albacete, a 1.200 m.s.n.m., para adentrase deseguido na provincia de Xaén. O seu curso transcorre encaixado na serra de Segura, abríndose ás veces nos terreos ondulados das comarcas de Baeza e Linares, para confluír, finalmente co Guadalquivir á altura de Mengíbar. O Guadalimar é un río da conca alta do Guadalquivir, e a súa propia bacía alcanza 5.226 km².
Afluentes
editarOs seus principais afluentes recíbeos pola beira dereita, salientando o río Guadalmena, o Guadalén e o Guarrizas. Os afluentes da beira esquerda son moito máis curtos.
Encoros
editarNo propio río hai un pequeno encoro, o de Giribaile. Augas abaixo da súa confluencia co Guadalquivir sitúase o encoro de Mengíbar, cunha "cola" que remonta o treito final do Guadalimar.
Protección
editarO treito alto do Guadalimar transcorre polo Parque Natural das Serras de Cazorla, Segura e Las Villas.
Toponimia
editarO nome do río deriva do árabe wadi-al-ahmar, "o río vermello". O cambio -a- > -i- prodúcese por imela.
Bibliografía
editar- Ministerio de Medio Ambiente, Confederación Hidrográfica del Guadalquivir.
- Ian Meadows, Historical Markers, en rev. Aramco World, Xaneiro-febreiro 1993.