Río Deba
O Deba (en castelán: Deva) é un río do País Vasco que nace nas montañas de Arlaban, no extremo occidental da Serra de Elgea, moi preto de Leintz-Gatzaga.
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Altitude inicial | 600 m | |||
División administrativa | Guipúscoa, España e Áraba, España | |||
Localización | Leintz-Gatzaga | |||
Final | ||||
División administrativa | Debabarrena, España | |||
Localización | Deba | |||
Desembocadura | Mar Cantábrico | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Conca hidrográfica | Deba River basin (en) | |||
Características | ||||
Dimensións | 58 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 518 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 13,4 m³/s | |||
O río percorre Guipúscoa e desemboca no mar Cantábrico formando unha ría xunto á localidade de Deba. No seu percorrido pasa polos concellos de Leintz-Gatzaga, Eskoriatza, Aretxabaleta, Arrasate, Bergara, Soraluze, Elgoibar, Mendaro e Deba. O río dá nome a dúas comarcas da provincia: Debagoiena (Alto Deba) e Debabarrena (Baixo Deba).
Os seus principais afluentes son o Angiozar, o Aramaio, o Aranerreka, o Kilimon e o Ego pola marxe esquerda e o Oñati pola dereita.