O Cerezuelo, tamén chamado Cazorla, é un curto río de Andalucía, un afluente do río Guadalquivir que discorre pola provincia de Xaén.

Modelo:Xeografía físicaRío Cerezuelo
Imaxe
Tiporío
curso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaProvincia de Xaén, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaProvincia de Xaén, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Guadalquivir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 37°57′23″N 3°02′37″O / 37.956353, -3.043556
Conca hidrográficaconca hidrográfica do Guadalquivir Editar o valor en Wikidata

Nace na paraxe coñecida como «Nacelrío», na serra de Cazorla e a metade do seu curso, xunto á ermida de Nubla, conflúe co río Cañamares, e a partir de aquí tamén se lle chama río da Vega de Cazorla. Posúe unha lonxitude de 9,7 km ata a confluencia co Cañamares e outros 14,5 ata a desembocadura no Guadalquivir, preto de Santo Tomé. Os seus principais afluentes son o regueiro Tramaya e o río Cañamares, ambos os dous pola dereita.

Cruza a localidade de Cazorla baixo a igrexa e praza de Santa María construída sobre unha bóveda sobre a canle do río.