O río Caudal é un curso fluvial que corre pola zona central de Asturias, no norte da Península Ibérica, e verte as súas augas no río Nalón, despois de apenas 18 km de percorrido. Ten sona por constituír unha das dúas grandes concas mineiras de Asturias, distribuíndose na súa contorna varios pozos mineiros.

Modelo:Xeografía físicaRío Caudal
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaAsturias, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaAsturias, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Nalón Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°18′37″N 5°52′20″O / 43.310355, -5.872176
Afluentes
Conca hidrográficaconca do Nalón Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións18 (lonxitude) km

O Caudal nace en Sovilla, Mieres, a 256 metros de altura sobre o nivel do mar, da confluencia dos ríos Lena e Aller. O sentido xeral da súa marcha é sur-norte, pero cunha grande incurvatura cara oeste. Desemboca no Nalón á altura de Soto de Ribera.

Afluentes

editar

Os seus tributarios son pequenos regatos dos que se poden citar o Duró, Turón, San Juan e máis o Valdecuna, entre outros.

Localidades que atravesa

editar

A poboación máis importante que cruza é a cidade de Mieres.

Historia e curso do río

editar

O río de Mieres, é dicir o Caudal, era denominado, até 1304, río Aller, polo que este semella ser o nome orixinal e o nacemento do río correspondería ao que hoxe se considera un confluente. A partir desa data pasou a denominarse Caudal pola abundante auga que levaba. Popularmente é denominado polos mierenses "río grande"[1]. Porén durante o século XX a continuación do Caudal, río arriba, considerouse que era o río Lena, como se pode ver en atlas de uso corrente[2]. Esta identificación aínda se mantén na actualidade por organismos oficiais, como a Confederación Hidrográfica do Cantábrico, que o expón así na súa cartografía[3].

Prolongado a través do Lena, o Caudal atinxe un total de 61 km de lonxitude e o seu nacemento viría a radicarse nos Montes de Val Grande, nas inmediacións do Porto de Payares, moi cerca das lindes coa provincia de León.

  1. http://mieresymierenses.com/EL9620RIO.htm[Ligazón morta]
  2. Cfr., p.ex. Atlas Medio Universal y de España. Madrid. Ed. Aguilar. 1960, mapas das páxs. 82-83
  3. CHCant http://chcantabrico.es/imagenes/cuenca/Rios_CHCant.pdf Arquivado 14 de decembro de 2009 en Wayback Machine.