Río Antiga
O río Antiga[1] é un curso fluvial galego que nace na fonte do Alto de Lamas, de 1.144 m de altitude, en Trascastro (O Incio). Descende polo val que leva o seu nome, recibindo as augas dos regato Trasadehesa, Lameiro, Anduriñas, Pozo Verde e pola marxe esquerda o regato de Chaos de Pías, ademais dalgún que outro regato de escaso caudal.
Tipo | río | ||
---|---|---|---|
Inicio | |||
División administrativa | España | ||
Localización | Trascastro | ||
Final | |||
División administrativa | Provincia de Lugo, España | ||
Localización | Río Cabe | ||
Conca hidrográfica | conca do Miño | ||
Características | |||
Dimensións | 7 () km | ||
Este río discorre por algún dos lugares máis accidentados e escarpados do concello do Incio polo que o seu curso é rápido e accidentado. Finalmente desemboca no río Cabe.
Notas
editar
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |