Pterocles
Pterocles | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Spotted sandgrouse | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
'Tetrao alchata (hoxe Pterocles alchata) Linnaeus, 1766 | |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Ver texto |
Pterocles é un xénero de aves da familia dos pteróclidos, chamadas gangas[1] ou cortizois[2]. Inclúe todas as especies da familia excepto dúas especies de Asia central do xénero Syrrhaptes (como a ganga das estepas[3]).
Estas gangas teñen cabezas e pescozos pequenos como os das pombas, pero corpos robustos e compactos. Teñen ás longas e bicudas e ás veces tamén son así as colas. As patas están emplumadas ata as dedas, pero, a diferenza das especies do xénero Syrrhaptes, as dedas non teñen plumas.
As especies de Pterocles teñen un voo rápido e directo, e as bandadas voan ao amencer e solpor ás pozas de auga.
Poñen dous ou tres ovos directamente no chan. Son de cor beixe ou verdoso con marcas crípticas. Todas as especies son residentes.
Taxonomía
editarO xénero Pterocles foi introducido en 1815 polo zoólogo holandés Coenraad Jacob Temminck.[4] O zoólogo inglés George Robert Gray designou despois a ganga de barriga branca (hoxe Pterocles alchata) como especie tipo.[5][6] O nome do xénero significa 'á espléndida', do grego pteron, 'á' e -klēs, 'notable, espléndida'.[7]
Especies
editarO xénero contén 14 especies existentes:[8]
Imaxe | Nome común | Nome científico | Distribución |
---|---|---|---|
ganga de barriga branca | Pterocles alchata | Norte de África e Oriente Próximo, Turquía, Irán, Iraq e Casaquistán, España, Portugal | |
Pterocles namaqua | Angola, Namibia, Zimbabwe, Botswana, Lesotho e Suráfrica | ||
Pterocles exustus | África do norte e central e sur de Asia | ||
Pterocles senegallus | Marrocos, Alxeria, Tunisia, Libia, Sudán, Exipto, Eritrea, Somalia, Etiopía, Xibutí, Mali, Mauritania, Chad e Níxer | ||
ganga de barriga negra | Pterocles orientalis | Iberia, noroeste de África, as illas Canarias, Turquía, Irán, Chipre e Israel | |
Pterocles coronatus | Norte de África e Oriente Próximo | ||
Pterocles gutturalis | Angola, Botswana, Eritrea, Etiopía, Kenya, Namibia, Suráfrica, Tanzania, Zambia e Zimbabwe. | ||
Pterocles burchelli | Angola, Namibia, Botswana, Zambia, Zimbabwe e Suráfrica | ||
Pterocles personatus | Madagascar | ||
Pterocles decoratus | Etiopía, Kenya, Somalia, Tanzania e Uganda. | ||
Pterocles lichtensteinii | Alxeria, Chad, Xibutí, Exipto, Eritrea, Etiopía, Libia, Mali, Mauritania, Marrocos, Níxer, Senegal, Somalia, Sudán, Uganda, Irán, Iraq, Xordania, Omán, Paquistán, Palestina, Arabia Saudita, Israel, Emiratos Árabes Unidos e Iemen. | ||
Pterocles bicinctus | sur de África. | ||
Pterocles indicus | Bangladesh, India e Paquistán. | ||
Pterocles quadricinctus | África desde Mauritania e Camerún e ao leste ata Sudán e Uganda |
Ademais, coñécese unha especie fósil, Pterocles bosporanus, do Plistoceno temperán de Crimea.[9]
Notas
editar- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Definición de Pterocles no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Temminck, Coenraad Jacob (1815). Histoire Naturelle Générale des Pigeons et des Gallinacés (en French) 3. Amsterdam: J. C. Sepp et fils. pp. 238, 712.
- ↑ Gray, George Robert (1840). A List of the Genera of Birds : with an Indication of the Typical Species of Each Genus. Londres: R. and J.E. Taylor. p. 62.
- ↑ Peters, James Lee, ed. (1937). Check-List of Birds of the World 3. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. p. 3.
- ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. p. 322. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (xaneiro de 2022). "Turacos, bustards, cuckoos, mesites, sandgrouse". IOC World Bird List Version 12.1. International Ornithologists' Union. Consultado o 14 de agosto de 2022.
- ↑ Zelenkov, N. V. (2023-08-01). "A New Species of Sandgrouse (Aves: Pteroclidae) from the Early Pleistocene of the Crimea". Doklady Biological Sciences (en inglés) 511 (1): 264–266. ISSN 1608-3105. PMID 37833584. doi:10.1134/S0012496623700497.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Vídeos de gangas na Internet Bird Collection