Provincia de Trieste
Trieste (en esloveno Tržaška) é unha provincia da rexión do Friúl-Venecia Xulia, en Italia. A súa capital é a cidade de Trieste.
Pokrajina Trst (sl) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión con estatuto especial | Friuli-Venezia Giulia ![]() | ||||
Capital | Trieste ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 240.000 ![]() | ||||
Lingua usada | lingua eslovena lingua véneta ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 211,82 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1920 ![]() | ||||
Disolución | 30 de setembro de 2017 ![]() | ||||
Sucedido por | UTI Giuliana (en) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
• President of the Province of Trieste (en) ![]() ![]() | Maria Teresa Bassa Poropat ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Provincial Council of Trieste (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 34121-34151 (Trieste), 34010-34011, 34015-34016, 34018 (provincia) ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 040 ![]() | ||||
ISO 3166-2 | IT-TS ![]() | ||||
Código NUTS | ITH44 ![]() | ||||
Identificador ISTAT | 032 ![]() | ||||
Sitio web | provincia.trieste.it… ![]() |
Ten unha área de 212 km2, (a máis pequena das provincias de Italia) e unha poboación total de 240.000 habitantes (2001). Hai 6 municipios na provincia.
Historia
editarO territorio corresponde a un hínterland de Trieste, que formou parte do Imperio Austrohúngaro e despois da primeira guerra mundial, foi posta baixo administración italiana. Foi capital do Estado libre de Trieste, creado polo tratado de paz de París de 1947, e que abranguía a cidade e unha pequena zona desde Duino até Cittanova (Novigrad), e foi dividido en dúas zonas: a zona A, no Norte, administrada polo Reino Unido, Francia e os EUA, na cal estaba incluída a cidade de Trieste, e a zona B, no Sur, administrada por Iugoslavia. O tratado de Londres de 1954 puxo fin ao estado de Trieste: a zona A pasou a formar parte de Italia, e a zona B, de Iugoslavia. En 1975 Italia e Iugoslavia asinaron preto de Osimo un tratado que pechou a cuestión fronteiriza de Trieste.
Linguas
editarO italiano, lingua oficial do estado italiano, fálase por toda a provincia. Na cidade de Trieste moita xente fala o triestino, un dialecto veneciano, en Trieste e en Muggia falouse o tergestino, un dialecto arcaico do friulano pero desapareceu completamente a mediados do século XIX. Estímase que 21% da poboación da provincia fala o esloveno [1] que está recoñecido pola lexislación italiana nos seis concellos da provincia, aínda que non se aplica nos sinais bilingües no centro da cidade de Trieste nin na vila de Muggia[2]. Nas escolas ensínase o esloveno estándar aínda que na provincia tradicionalmente se falan tres dialectos diferentes, o dialecto cársico nos concellos de Duino-Aurisina e Sgonico e nas localidades de Barcola, Prosecco e Contovello que pertencen ao concello de Trieste; o dialecto de Carniola Interior fálase no concello de Monrupino e nas localidades de Opicina, Trebiciano, Padriciano e Basovizza do concello de Trieste, por último o dialecto istriano fálase no concello de San Dorligo della Valle na zona rural de Muggia e no sueste do concello de Trieste, especialmente en Servola.
Notas
editar- ↑ "Slovenian in Italy". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2006. Consultado o 08 de xullo de 2006.
- ↑ "Decreto del Presidente della Repubblica 12 settembre 2007" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2013.