Provincia de Betanzos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Provincia de Betanzos era unha das sete provincias históricas nas que se dividía o territorio de Galicia na Idade Moderna, entre finais do século XV até a división territorial de España en 1833 feita por Javier de Burgos.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/3/3a/Xurisdici%C3%B3ns_da_provincia_de_Betanzos_%281753%29.jpg/220px-Xurisdici%C3%B3ns_da_provincia_de_Betanzos_%281753%29.jpg)
Xeografía
editarCunha superficie de 2433 km² e unha poboación de 127 755 habitantes a comezos do século XIX, a provincia de Betanzos era unha das menos extensas e máis densamente poboadas de Galicia. Ao norte lindaba co mar Cantábrico, ao leste coas provincias de Mondoñedo e Lugo, ao sur coas provincias de Lugo e Santiago e ao oeste coas de Santiago e A Coruña, ademais do océano Atlántico.
A provincia tiña unha cidade (Betanzos, a capital), once vilas, con Ferrol e Pontedeume entre as máis destacadas, e 239 parroquias. O seu territorio coincidía case por completo coa parte máis nordés da actual provincia da Coruña. En concreto, a parte máis oriental dos actuais concellos das Pontes e Mañón, incluíndo completamente as parroquias mañonesas de Mogor e Bares, pertencía á provincia de Mondoñedo.
Historia
editarA provincia de Betanzos xorde como unidade autónoma baixo o reinado dos Reis Católicos; ata entón achábase unida á da Coruña, formando unha provincia única denominada A Coruña - Betanzos. En 1833 perdeu a súa independencia para rematar integrada na actual provincia da Coruña, xunto con gran parte da antiga provincia de Santiago.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Castro Redondo, Rubén (2019). Cartografía digital de Galicia en 1753: Jurisdicciones, provincias y Reino. Santiago de Compostela: Andavira. ISBN 978-84-949877-8-6.
- Erias Martínez, Alfredo; González Fernández, Juan Miguel (1989). "O marco xurisdiccional na antiga provincia de Betanzos" (PDF). Anuario Brigantino (Betanzos) (12): 17–84. ISBN 84-505-9464-2.
- Erias Martínez, Alfredo; Veiga Ferreira, Xosé María (2002). "Betanzos y su provincia en la época del Emperador Carlos V" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (Betanzos) (25): 181–260. ISBN 84-505-9464-2.
- Río Barja, Francisco Xavier (1990). Cartografía Xurisdiccional de Galicia no Século XVIII (PDF). Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-55-5.