Propiedade física

atributo dun sistema ou corpo físico

Unha propiedade física é calquera calidade, cantidade ou atributo mensurábel que describe estados dun sistema físico.[1]

As mudanzas nas propiedades físicas dun sistema reflíctense en transformacións dese sistema. As propiedades físicas tamén son frecuentemente chamadas de observábeis.[2]

Terminoloxía

editar

Etimoloxía

editar

A expresión provén das palabras propiedade e física, do latín propiĕtāte, (calidade de propio ou característica dunha cousa) e do grego φυσικός physikós (natural, asociado ao verbo grego "φύω" (fýo), que significa xerar, facer nacer, ou crecer. Esta raíz está conectada coa raíz indoeuropea "*bheuə-", que se refire a ser, existir ou crecer.

Diferenza con outras propiedades

editar
  • Varias propiedades dun material poden ser consideradas en conxunto e agruparse en físicas e químicas, denominándoas propiedades físico-químicas. Ademais, algunhas propiedades físicas como a condutividade eléctrica, poden desencadear reaccións químicas, como na electrólise, que implica cambios na composición química. Así, mentres que a condutividade é unha propiedade física, as reaccións relacionadas poden alterar quimicamente os materiais involucrados.[4]
  • Nas ciencias puras, especialmente en matemáticas, explóranse propiedades como a simetría, a cardinalidade ou as propiedades topolóxicas. Estas non dependen da materia física ou química, senón que describen calidades abstractas ou patróns que poden aplicarse tanto a obxectos físicos como a entidades matemáticas. Algunhas propiedades xeométricas refírense ás características que definen a forma e a dimensión dos obxectos e tamén poden ser consideradas propiedades físicas, como o volume ou a área.[5]

Propiedades intensivas e extensivas

editar

As propiedades físicas pódense clasificar en dous tipos principais: extensivas e intensivas.

  • As propiedades intensivas son aquelas que non dependen da cantidade de materia nin do tamaño do sistema, como a densidade, a temperatura e a presión, que permanecen constantes independentemente do tamaño da mostra.
  • As propiedades extensivas, á súa vez, varían segundo a cantidade de materia ou o tamaño do sistema. Algúns exemplos son a masa, o volume e a enerxía total, que aumentan ou diminúen en proporción á cantidade de materia.

As propiedades intensivas pódense obter pola relación entre dúas propiedades extensivas. Por exemplo, a densidade obtense pola relación entre masa e volume.[6]

Lista de propiedades físicas

editar

As propiedades físicas dun material non dependen moito da súa estrutura interna e pódense determinar facilmente con aparellos específicos sen ter que aplicar unha forza. Propiedades físicas son, entre outras:

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para propiedade.
  2. Burgin, Mark Semenovich (2017). Theory of knowledge: structures and processes. World scientific series in information studies (en inglés). Singapore. 
  3. "Nondestructive Evaluation Physics : Materials". Consultado o 2024-10-03. 
  4. "Mastering Electrical Characterization Techniques: Understanding Conductivity and Resistivity" (en inglés). 2024-10-20. Consultado o 2025-01-27. 
  5. "Geometry and Its Applications". ScienceDirect (en inglés). Consultado o 2025-01-27. 
  6. Silva, João Alves (2007). "Determinação das densidades de sólidos e de polpa" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2007. Consultado o 04/10/2024. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Cesare Emiliani (1987). Dictionary of the Physical Sciences: Terms, Formulas, Data (en inglês). ISBN 978-0-19-503651-0. 
  • Robert A. Meyers (2001). Encyclopedia of Physical Science and Technology (en inglês). ISBN 978-0-12-227410-7. 

Outros artigos

editar