Programa ConCiencia
O programa ConCiencia é unha actividade de divulgación científica nacida en 2006 por iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio de Santiago.[1]
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/1/1f/Jorge_Mira_P%C3%A9rez.jpg/200px-Jorge_Mira_P%C3%A9rez.jpg)
O encargado da súa coordinación é o doutor en física Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, e coñecido divulgador científico na prensa, radio e televisión, que foi o promotor do programa no ano 2005.[2]
Obxectivos
editarEntre os obxectivos desta iniciativa, cabe destacar:[1]
- A divulgación científica a cargo de senlleiros científicos visitantes convidados, Premios Nobel ou os seus análogos en matemáticas (Medalla Fields, Premio Abel) e ciencias da computación (Premio Turing).
- Proxectar a imaxe da cidade de Santiago de Compostela como foco universal do pensamento.
- Servir de ponte para o reforzamento de contactos científicos entre líderes da máxima relevancia científica mundial e o corpo de investigadores da USC.
Estas bases diferencian o programa ConCiencia de calquera outra iniciativa de divulgación científica, posto que buscan, á marxe da clásica conferencia ou acto puntual, a rendibilización da visita destes Premios favorecendo o seu contacto con especialistas locais.
Premio Fonseca
editarDesde o ano 2008 o programa ConCiencia organiza no seu seo o Premio Fonseca de comunicación da ciencia, que na súa primeira edición recaeu no físico británico Stephen Hawking. Na súa segunda convocatoria (2009), o galardón recaeu no pai da Hipótese Gaia, James Lovelock; na terceira (2010) no naturalista e divulgador Sir David Attenborough, e en 2011 no físico-matemático Roger Penrose.[1]
Personalidades visitantes
editar- Heinrich Rohrer (Premio Nobel de Física 1986)[3]
- Torsten N. Wiesel (Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina 1981)[3]
- Richard R. Ernst (Premio Nobel de Química 1991)[3]
- Michael Atiyah (Medalla Fields 1966, Premio Abel 2004)[3]
- Frank Wilczek (Premio Nobel de Física 2004)
- John E. Walker (Premio Nobel de Química 1997)
- Peter Lax (Premio Abel 2005)
- John F. Nash (Premio Nobel de Economía 1994)
- Harold E. Varmus (Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina 1989)
- Frances E. Allen (Premio Turing 2006)
- Gerardus 't Hooft (Premio Nobel de Física 1999)
- K. Barry Sharpless (Premio Nobel de Química 2001)
- Jean-Marie Lehn (Premio Nobel de Química 1987)
- James Watson Cronin (Premio Nobel de Física 1980)
- Roger David Kornberg (Premio Nobel de Química 2006)
- Albert Fert (Premio Nobel de Física 2007)
- Harold Walter Kroto (Premio Nobel de Química 1996)
- Richard J. Roberts (Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina 1993)
- Ada E. Yonath (Premio Nobel de Química 2009)
- Mohamed ElBaradei (Premio Nobel da Paz 2005)
- Samuel Chao Chung Ting (Premio Nobel de Física 1976)
- Richard R. Schrock (Premio Nobel de Química 2005)
- Sheldon Lee Glashow (Premio Nobel de Física 1979)[4]
- Ei-ichi Negishi (Premio Nobel de Química 2010)
- Tim Hunt (Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina 2001)
- Anthony J. Leggett (Premio Nobel de Física 2003)
- Eric A. Cornell (Premio Nobel de Física 2001)
- Harald zur Hausen (Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina 2008)
- Claude Cohen-Tannoudji (Premio Nobel de Física 1997)
- Cédric Villani (Medalla Fields 2010)
- Serge Haroche (Premio Nobel de Física 2012)
- Stanley B. Prusiner (Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina 1997)
- Finn E. Kydland (Premio Nobel de Economía 2004)
- May-Britt Moser (Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina 2014)
- Jean-Pierre Sauvage (Premio Nobel de Química 2016)
- Bernard L. Feringa (Premio Nobel de Química 2016)
- Tomas Robert Lindahl (Premio Nobel de Química 2015)
- David MacMillan (Premio Nobel de Química 2021)
- Stanley Whittingham (Premio Nobel de Química 2019)
- David Chipperfield (Premio Pritzker 2023)
- Klaus von Klitzing (Premio Nobel de Física 1985)
Recoñecementos
editarO programa ConCiencia foi recoñecido coa Mención de Honor do Premio "Ciencia en Acción" en 2010, co XL Premio da Crítica Galicia - modalidade de iniciativas culturais e científicas en 2017[5] e co Premio da Cultura Galega, modalidade Proxección Exterior en 2022.[6] Segundo a organización: "É unha plataforma de lanzamento da imaxe de Galicia cara ao exterior en base ao seu talento".[7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 USD. Programa ConCiencia
- ↑ Jorge Mira Pérez en Galegos. GaliciaDigital.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Web da edición 2006
- ↑ La visita de Sheldon Lee Glashow a la Universidad de Santiago de Compostela en el Programa ConCiencia en Francis (th)E mule Science's News.
- ↑ "Web Premios da Crítica Galicia". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2018. Consultado o 12 de maio de 2018.
- ↑ Galicia, Xunta de (2022-10-04). "Os premios da Cultura Galega 2022 recaen en Marica Campo, María Victoria Carballo-Calero, Melania Cruz, Música en Compostela, Xosé Manuel Gayoso, Manuel González, Xacarandaina e o programa ConCiencia". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2022. Consultado o 2022-10-04.
- ↑ Diario, Nós (2022-10-04). "Os Premios da Cultura Galega recoñecen, entre outros, a Marica Campo, Gayoso e Melania Cruz". Nós Diario. Consultado o 2022-10-05.