Prisión de Neumünster
A prisión de Neumünster é un centro penitenciario situado na cidade homónima, en concreto no número 30 de Boostedter Straße[1]. En 2018 era o máis grande do estado alemán de Schleswig-Holstein.[Cómpre referencia]
Historia e características
editarAs instalacións contan con 596 prazas. Trátase dun centro exclusivo para homes adultos con penas de até cinco anos.
Criminalidade
editarEn 2011 Neumünster foi cualificada, xunto coa cidade de Frankfurt, como a cidade alemá con maior taxa de criminalidade. Dende ese ano, a taxa comezou a diminuír.[2]
Reos de relevancia internacional
editarO escritor Rudolf Wilhelm Friedrich Ditzen[3], co pseudónimo Hans Fallada (1893-1947), foi denunciado en marzo de 1933 ás autoridades alemás por unha conversa que Fallada mantivera co tamén escritor alemán Ernst von Salomon con suposto contido hostil cara ao Estado. O seu paso pola cadea plasmouno na novela Wer einmal aus dem Blechnapf frisst[4]
O 18 de abril de 2018 o presidente catalán Carles Puigdemont, por petición da xustiza española, foi detido nunha viaxe en coche dende Dinamarca e trasladado a este cárcere.[5]
Notas
editar- ↑ Lapela de contacto Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na páxina web da Justizvollzugsanstalt Neumünster (en alemán).
- ↑ Neumünster - Stadt der Verbrechen?, shz.de, 2 de setembro de 2011 (en alemán).
- ↑ Hans Fallada, el otro preso de Neumünster, Elnacional.cat, 26 de marzo de 2018 (en castelán).
- ↑ Así es Neumünster, la prisión alemana donde pasará la noche Puigdemont, La Voz de Galicia, 25 de maio de 2018 (en castelán).
- ↑ Puigdemont reclama la llibertat dels presos polítics després que Alemanya hagi rebutjat entregar-lo per rebel·lió, 12 de xullo de 2018 (en catalán).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web oficial Arquivado 09 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en alemán).