Beatriz de York
aristócrata británica
(Redirección desde «Princesa Beatriz de York»)
A princesa Beatriz de York (Beatrice Elizabeth Mary), nada en Londres o 8 de agosto de 1988, é un membro da Familia Real Británica.
Traxectoria
editarÉ filla do príncipe André, duque de York e a súa exesposa, Sarah Ferguson. É neta da raíña Isabel II do Reino Unido e do príncipe Filipe de Edimburgo. A princesa Beatriz é a segunda muller na liña de sucesión ao trono, despois da princesa Carlota de Cambridge. Foi a primeira princesa nada na familia real desde o nacemento de Ana do Reino Unido, no ano 1950.
Padroados
editar- Patroa da Sociedade Musical York (11/2012).[1]