Primi Nécega
Primitiva Nécega Gallo, coñecida como Primi Nécega, nada en Foz o 11 de setembro de 1930, e fenecida en Burela o 3 de novembro de 2024,[1] foi unha escritora galega. Publicou multitude de historias, moitas delas en xeito de conto. En xeral, aínda que a súa obra é de raizame galega, publica en castelán.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1930 ![]() Foz, España ![]() |
Morte | 3 de novembro de 2024 ![]() Burela, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarMedrou en Foz, pero dende antes de 1949 estaba afincada en Ribadeo, onde casou, tivo dous fillos[2] e enviuvou nova. Os seus últimos anos pasounos na Residencia de Maiores de Ribadeo.
Desenvolveu o seu labor dende os dezasete anos en Ribadeo.[3] Por 1949 comezou a publicar artigos en Las Riberas del Eo animada polas súas amigas para contestar os artigos do pseudónimo Juan Montemar, que criticaba as mulleres.[2] A continuación publicou en diversos medios e foi colaboradora habitual de La Comarca del Eo. Nos primeiros tempos fixo uso de diversos pseudónimos, uns para obras en castelán, e outros para obras en galego, como La orquídea roja, P.R. ou P.N.[2]
A súa obra ten unha certa descontinuidade no tempo, debido ás vicisitudes persoais da autora. A súa obra abrangueu diversos campos e a súa meirande produción é como contista, con contos relacionados gran parte das veces coa súa propia historia, e cando non, con historias populares, por exemplo, referidas ó Nadal.
Obras
editarDistincións
editar- Foi pregoeira na Xira de Santa Cruz (2001)[11] e no Entroido de Ribadeo (2004), entre outros actos.
Notas
editar- ↑ "Muere a los 94 años la escritora focense residente en Ribadeo Primi Nécega". El Progreso de Lugo (en castelán). 2024-11-03. Consultado o 2024-11-04.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Villapol, Pablo (9 de novembro de 2024). "Lembranzas de Primi Nécega". La Comarca del Eo (5458): 4.
- ↑ Agremon (29/12/2009). "Primi". ribadeando.blogspot.com.es. Consultado o 6/9/2017.
- ↑ Nécega, Primi. (1997). Despertar. Prólogo de Antonio Gregorio. Ribadeo: P. Nécega. ISBN 84-605-6575-0. OCLC 432552683.
- ↑ Nécega, Primi. ([2000]). Despertar. Prólogo de Antonio Gregorio. [Lugo?]: XESDO. ISBN 84-607-1077-7. OCLC 433831568.
- ↑ "El govi, de Primi Nécega". Consultado o 6/9/2017.
- ↑ "Cuentos y relatos de Primi". Arquivado dende o orixinal o 06/09/2017. Consultado o 6/9/2017.
- ↑ "Romaría de Santa Cruz". Consultado o 6/9/2017.
- ↑ "Primi Nécega e o Premio Iniciativas 21". Consultado o 6/9/2017.
- ↑ "Memoria de Muller". Consultado o 6/9/2017.
- ↑ "Pregón de 1999 Primi Nécega Gallo". www.amigosdagaita.org. Consultado o 2020-08-08.