A tempada 1986/87 da Primeira división española de fútbol, que foi a 56ª edición do campionato, desenvolveuse cunha fase final e foi coñecida como a liga do play-off.
Os seis primeiros clasificados nas 34 xornadas habituais xogaron unha nova rolda de liguiña a dobre partido entre eles, mantendo a puntuación da liga regular. Estes seis primeiros disputaron o título. Os clasificados entre os postos sétimo e duodécimo disputaron outra liguiña para decidiren os seus postos e clasificárense para a Copa da Liga. Igualmente os seis últimos disputaron unha liguiña para decidiren as tres prazas iniciais de descenso. Por unha decisión tomada tras a competición os tres últimos tras a segunda fase xogaron unha promoción entre eles para decidiren unha soa praza de descenso, xa que se decidiu ampliar a Primeira División ao ano seguinte a 20 equipos.
Primeira división española 1986/87 |
Tipo | Primeira División Española |
---|
Deporte | fútbol |
---|
Organizador | Real Federación Española de Fútbol |
---|
Liga inferior | Segunda división española 1986/87 |
---|
Número de participantes | 18 |
---|
|
Real Madrid CF, FC Barcelona, RCD Espanyol, Sporting de Gijón, RCD Mallorca, Real Zaragoza, Atlético de Madrid, Real Betis Balompié, Sevilla FC, Real Sociedad, Real Murcia, Real Valladolid, Athletic Club, UD Las Palmas, CA Osasuna, Racing de Santander, CE Sabadell e Cádiz CF |
|
País | España |
---|
Período de tempo | tempada 1986-1987 |
---|
Intervalo de tempo | 30 de agosto de 1986 – 21 de xuño de 1987 |
---|
Número de edición | 56 |
---|
|
Primeiro posto | Real Madrid CF |
---|
|
Partidos | 396 |
---|
Goles | 951 |
---|
|
|
|
|
|
|
Este sistema non foi utilizado nunca máis. O Real Madrid proclamouse campión desta liga do play-off.