Lista de xefes de Estado do Chad
artigo de listas da Wikimedia
(Redirección desde «Presidente do Chad»)
Esta é unha lista de xefes de Estado do Chad dende que o país se independizou de Francia en 1960 ao presente.
Presidente da República do Chad Président de la République du Tchad رئيس جمهورية تشاد | |
---|---|
Residencia | Palacio Residencial, Xamena |
Duración | 6 anos, renovable unha vez |
Creación | 23 de abril de 1962 |
Primeiro titular | François Tombalbaye |
Un total de seis persoas exerceron como xefe de estado do Chad (sen contar un xefe de estado interino). Ademais, unha persoa, Goukouni Oueddei, exerceu o cargo en dúas ocasións non consecutivas.
O actual xefe estado do Chad é Mahamat Déby, dende o falecemento do seu pai, Idriss Déby, o 20 de abril de 2021.
Títulos
editar- 1960–1962: Xefe de Estado
- 1962–1975: Presidente da República
- 1975: Presidente do Consello Militar Supremo
- 1975–1978: Xefe de Estado
- 1978–1979: Presidente da República
- 1979: Presidente do Consello de Estado Provisional
- 1979: Presidente do Goberno Transitorio de Unidade Nacional
- 1979: Presidente do Comité Administrativo Provisional
- 1979–1982: Presidente do Goberno Transitorio de Unidade Nacional
- 1982: Presidente do Consello de Mando das Forzas Armadas do norte
- 1982: Presidente do Consello de Estado
- 1982–1990: Presidente da República
- 1990: Presidente do Movemento de Salvación Patriótica
- 1990–1991: Presidente do Consello de Estado
- 1991–2021: Presidente da República
- 2021–presente: Presidente do Consello Militar de Transición
Lenda
editar- Partidos políticos
- Partido Progresista Chadiano (PPT) / Movemento Nacional para a Revolución Cultural e Social (MNRCS)
- Fronte de LIberación Nacional do Chad (FROLINAT)–Forzas Armadas Populares (FAP)
- Movemento Popular para a Liberación do Chad (MPLT)
- Forzas Armadas do Norte (FAN) / Unión Nacional para a Independencia e a Revolución (UNIR)
- Movemento de Salvación Patriótica (MPS)
- Outras faccións
- Forzas Armadas Chadianas (FAT; 1960–79)
- Status
- Xefe de Estado Interino
Lista
editarNº | Nome | Foto | Mandato | Eleccións | Partido político | Primeiro(s) Ministro(s) | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Inicio | Fin | Tempo no cargo | |||||||
1 | François Tombalbaye
(1918–1975)[1] |
11 de agosto de 1960 | 13 de abril de 1975
(asasinado) |
14 anos, 245 días | 1962
1969 |
PPT / MNRCS | Posto non establecido | ||
– | Noël Milarew Odingar
(1932–2007) |
13 de abril de 1975 | 15 de abril de 1975 | 2 días | – | Militar | Posto non establecido | ||
2 | Félix Malloum
(1932–2009) |
15 de abril de 1975 | 23 de marzo de 1979
(dimitiu) |
3 anos, 342 días | – | Militar | Habré | ||
3 | Goukouni Oueddei
(1944–) |
23 de marzo de 1979 | 29 de abril de 1979 | 37 días | – | FROLINAT–FAP | Cargo vacante | ||
4 | Lol Mahamat Choua
(1939–2019) |
29 de abril de 1979 | 3 de setembro de 1979 | 127 días | – | MPLT | Cargo vacante | ||
(3) | Goukouni Oueddei
(1944–) |
3 de setembro de 1979 | 7 de xuño de 1982
(deposto) |
2 anos, 277 días | – | FROLINAT–FAP | Ngardoum | ||
5 | Hissène Habré
(1942–2021) |
7 de xuño de 1982 | 2 de decembro de 1990
(deposto) |
8 anos, 178 días | 1989
(referendo) |
FAN / UNIR | Ngardoum | ||
6 | Idriss Déby
(1952–2021) |
2 de decembro de 1990 | 20 de abril de 2021 | 30 anos e 139 días | 1996
2001 2006 2011 2016 2021 |
MPS | Bawoyeu Yodoyman Moungar Koumakoye Djimasta Ouaido Yamassoum Kabadi Faki Yoadimnadji Younousmi Koumakoye Abbas Nadingar Dadnadji Deubet Padacké | ||
7 | Mahamat Déby
(1984-) |
20 de abril de 2021 | presente | 3 anos e 289 días | — | militar | Padacké |
Véxase tamén
editarNotas
editar- ↑ Cambiouse o nome a N’Garta Tombalbaye o 30 de agosto de 1973 debido á política de africanización
Ligazóns externas
editar- Presidencia do Chad Arquivado 23 de xullo de 2019 en Wayback Machine.
- Chad en Estadistas Mundiais