Premio Vreneli
condecoración numismática
O Premio Vreneli foi un recoñecemento aos servizos no campo da numismática outorgado anualmente entre 1992 e 2008 pola revista especializada suíza Münzen-Revue con ocasión da Feira Mundial do Diñeiro.
O premio tomou o nome da denominación coloquial dunha popular serie de moedas de ouro suízas, coñecida como Vreneli por amosar nos seus anversos unha imaxe de Verena (Vreneli é o diminutivo en alemánico)[1], a imaxe feminina que personifica a nacionalizade suíza, obra do gravador Fritz Ulysse Landry (1842-1927).[2][3]
En 2008 entregouse por derradeira vez, xa que a partir de 2009 foi substituído polo World Money Fair Award.[4]
Receptores
editar- 1992: António Miguel Trigueiros (da INCM, numismático portugués).[5][6]
- 1993: Derek Pobjoy (fundador da ceca privada Pobjoy Mint).[7]
- 1997: Benedikt Zäch (numismático suízo).[8]
- 1999: Kurt Meyer (director xeral da ceca austríaca Münze Österreich) e Kurt Wyprächtiger (enxeñeiro, arqueólogo e numismático.[9]
- 2000: Kirsten Petersen (Royal Canadian Mint).[10]
- 2001: The Singapore Mint.[11]
- 2002: Ursula Kampmann (historiadora e numismática) e Banco de Letonia.[12][13]
- 2003: Kurt Fischer e Helmut Kahnt (escritor numismático).[14]
- 2004: Thomas Pesendorfer (gravador), Hans-Ludwig Grabowski (xornalista numismático) e Rainer Albert (editor numismático).[15][16][17]
- 2006: Günter Schön (divulgador numismático).[18]
- 2007: Andreas Urs Sommer (filósofo e numismático).[19]
- 2008: Dietmar Spranz (director xeral da ceca austríaca Münze Österreich).[20]
Notas
editar- ↑ "Verēne". En Schweizerisches Idiotikon. Tomo I. Columnas 915-917.
- ↑ "Das Goldvreneli Arquivado 20 de agosto de 2019 en Wayback Machine.". Casa da Moeda de Suíza. Swissmint.ch.
- ↑ "Fritz UlysseLandry". En Dictionnaire Historique de la Suisse.
- ↑ "World Money Fair Award and COTY Arquivado 20 de agosto de 2019 en Wayback Machine.". World Money Fair.
- ↑ "Trigueiros, António Miguel". En Coins Weekly. 14 de xullo de 1922.
- ↑ "António Miguel Trigueiros. Notícia Bio-Bibliográfica". Academia.edu. Páxina 4.
- ↑ "Awards: Vreneli Award Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.". Pobjoy Mint.
- ↑ "Benedikt Zäch. Biographische Angaben Arquivado 09 de maio de 2021 en Wayback Machine.". En Muenzgeschichte.ch.
- ↑ "Wyprächtiger, Kurt". Coins Weekly. 21 de decembro de 2016.
- ↑ "Kristen Petersen receives World Money Fair Award". Coins Weekly. 25 de febreiro de 2016.
- ↑ "Awards Arquivado 28 de setembro de 2021 en Wayback Machine.". The Singapoore Mint.
- ↑ "Kampmann, Ursula". En Coins Weekly. 21 de decembro de 2016.
- ↑ "On the Award to the Bank of Latvia Arquivado 20 de agosto de 2019 en Wayback Machine.". Banco de Letonia. 15 de febreiro de 2002.
- ↑ "Kahnt, Helmut". En Coins Weekly. 13 de xullo de 2013.
- ↑ "Thomas Pesendorfer ist mehr als der Schöpfer des Philharmonikers". En Kunst & Form.
- ↑ "Hans-Ludwig Grabowski. Vita". En Battemberg-gietl.de.
- ↑ "Rainer Albert erhält Vreneli-Preis". En Numismatisches Nachrichtenblatt. 4/2004. Páxinas 1958-160.
- ↑ "Günter Schön. Vita". En Battemberg-gietl.de.
- ↑ "Sommer, Andreas Urs". En Coins Weekly. 3 de febreiro de 2016.
- ↑ "Newsletter der World Money Fair Arquivado 20 de agosto de 2019 en Wayback Machine.". Xaneiro de 2008. World Money Fair.