Premio Ramón Cabanillas de Tradución

premio de tradución galego

O premio Ramón Cabanillas de Tradución foi un galardón literario[1] creado pola Xunta de Galicia en 1989[2] (dotado con 500.000 pesetas[3]) e cancelado en 1996 por "desinterese dos responsables da Administración autonómica".[4]

Edicións

editar
Ano[5] Persoa gañadora Obra
1989 (I edición) Gonzalo Navaza O can dos Baskerville de Arthur Conan Doyle
1990 (II edición) Ramón Lorenzo e Úrsula Heinze O ponche dos desexos de Michael Ende
1991 (III edición) Valentín Arias O estranxeiro de Albert Camus
1992 (IV edición) Xavier Rodríguez Baixeras O deserto dos tártaros de Dino Buzzati
1993 (V edición) Benigno Fernández Salgado Diario de Eva de Mark Twain
1994 (VI edición) Xela Arias
Darío Xohán Cabana (ex-aequo)
O derradeiro dos mohicanos de James Fenimore Cooper
Vida nova de Dante Alighieri
  1. "Análise da tradución literaria cara ao galego. Fitos e tendencias nos primeiros anos do século XXI" por Ana Luna Alonso en Lingua e Tradución IX Xornadas sobre Lingua e Usos, Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña, 2013.
  2. Orde do DOG nº 120 do 23/06/1989.
  3. DOG Arquivado 12 de marzo de 2017 en Wayback Machine. do 22 de febreiro de 1993. p.5.
  4. Concha M. Mayo "Recensión de Viceversa, Revista galega de traducción" Arquivado 08 de xullo de 2017 en Wayback Machine. Cadernos de Lingua: primeiro semestre de 1997, p. 155, Real Academia Galega.
  5. Refírese ao ano de entrega do premio; isto é, o libro foi publicado no ano precedente.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar