Premio María Casares ó mellor actor secundario
categoría dos Premios María Casares
Os Premios de Teatro María Casares ao mellor actor secundario outórgaos a Asociación de Actores e Actrices de Galicia aos mellores actores de teatro en papeis non principais da temporada anterior.
Os galardóns
editarOs Premios María Casares galardoaron na categoría de mellor actor secundario os seguintes profesionais:
- 1997: Serxio Pazos, por A esmorga (Sarabela Teatro).
- 1998: Evaristo Calvo, por Anxeliños (Teatro do Aquí).
- 1999: Víctor Mosqueira, por Finis Mundi Circus (Mofa e Befa).
- 2000: Fernando Dacosta, por Si o vello Simbad volvese ás illas... (Centro Dramático Galego).
- 2001: Xosé Manuel Olveira "Pico", por Calígula (Centro Dramático Galego).
- 2002: Josito Porto, por Sexismunda (Sarabela Teatro).
- 2003: Xavier Estévez, por A conxura dos necios (Sarabela Teatro).
- 2004: Xavier Estévez, por Así que pasen cinco anos (Sarabela Teatro).
- 2005: Toño Casais, por O encoro (Teatro do Atlántico).
- 2006: Josué García, por Seis personaxes á procura de autor (Centro Dramático Galego).
- 2007: Gonzalo Uriarte, por Hamlet (RTA-ROSP Coruña).
- 2008: Xan Cejudo, por Noite de reis. Ou o que queirades (Centro Dramático Galego).
- 2009: Artur Trillo, por E ti, quen vés sendo (Talía Teatro).
- 2010: Tito Asorey, por A esmorga (Sarabela Teatro).[1].
- 2011: Santi Romay por Un cranio furado (Producións Teatrais Excéntricas)[2].
- 2012: Vicente de Souza por Tango (Sarabela Teatro).
- 2013: Víctor Mosqueira por Galicia caníbal (FIlmanova).
- 2014: César Goldi por Bye bye Honey (Obras públicas - Abrapalabra).
- 2015: César Goldi por Ultranoite no país dos ananos (Chévere).
- 2016: Alberto Rolán por O principio de Arquímedes (Teatro do Atlántico)
- 2017: Evaristo Calvo por O tolleito de Inishmaan (Contraproducións e FIOT Carballo)
- 2018: Víctor Mosqueira por A cabeza do dragón (Producións Teatrais Excéntricas)
- 2019. Marcos Orsi por Commedia (Contraproducións)
- 2020. Josito Porto por Medida x medida (Excéntricas)
- 2021. Fran Lareu por A lingua das bolboretas (Sarabela Teatro)
- 2022. Fernando Dacosta, por Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro
- 2023. Evaristo Calvo por O porco de pé, de Producións Teatrais Excéntricas
Os actores máis premiados
editarVíctor Mosqueira e Evaristo Calvo recibiron o galardón en tres ocasións e Xavier Estévez, César Goldi, Fernando Dacosta e Josito Porto recibírono en dúas ocasións.
Notas
editar- ↑ A Esmorga triunfa nos María Casares con cinco galardóns Arquivado 28 de marzo de 2010 en Wayback Machine., artigo en Xornal.com
- ↑ Os XV Premios de Teatro María Casares foron a gran festa da escena galega, web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, 25/3/2011.