Premio María Casares á mellor maquillaxe
Os Premios de Teatro María Casares á mellor maquillaxe outórgaos a Asociación de Actores e Actrices de Galicia aos mellores traballos nesa especialidade teatral da temporada anterior.
Os galardóns
editarOs Premios María Casares de galardoaron na categoría de mellor maquillaxe as seguintes profesionais:
- 1997. Carmela Montero por Escola de bufóns (Ollomol Tranvía).
- 1998. Carmela Montero por Unha rosa é unha rosa (Teatro do Noroeste).
- 1999. Carmela Montero por Tics (Sarabela Teatro).
- 2000. Cristina Couto e Raquel Fidalgo por Si o vello Simbad volvese ás illas... (Centro Dramático Galego).
- 2001. Quique Martínez por O lapis do carpinteiro (Sarabela Teatro).
- 2002. Carmela Montero por Sexismunda (Sarabela Teatro).
- 2003. Carmela Montero por A conxura dos necios (Sarabela Teatro).
- 2004. Fanny Bello por Sidecar (Belmondo)
- 2005. Dolores Centeno por As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (Centro Dramático Galego).
- 2006. Paloma Ucieda por García (Teatro do Adro).
- 2007. Carmela Montero por Macbeth (Sarabela Teatro).
- 2008. Bacana por Hendaya mon amour (Bacana).
- 2009. Cristina Couto por Dáme veleno, eu tamén soñar (Sarabela Teatro).
- 2010. Fanny Bello por Testosterona (Chévere).[1].
- 2011. Tanxarina, por Trogloditas (Tanxarina).[2].
- 2012: Trini F. Silva, por A ópera dos tres reás (Centro Dramático Galego)
- 2013: Raquel Fidalgo por Viaxe a ningunha parte (Sarabela Teatro).
- 2014: Trini F. Silva por C'est la vie (Matrioshka Teatro)
- 2015: Raquel Fidalgo por Pequenas Certezas (Sarabela Teatro)
- 2016: Raquel Fidalgo por Ensaio sobre a cegueira (Sarabela Teatro)
- 2017: Trini F. Silva por Voaxa e Carmín (ButacaZero e Eme2)
- 2018: Trini F. Silva por Outono (Pista Catro)
- 2019: Martina Cambeiro por O servidor de dous amos (Talía Teatro)
- 2020. Martina Cambeiro por Vida de cans (Talía Teatro)
- 2021. Fani Mosqueira por O premio (La Quintana Teatro)
- 2022. LaPelu F. Silva, por Comando Comadres, de Matrioshka
- 2023. Diego Valeiras por Papagena, de ButacaZero
As profesionais máis premiadas
editarCarmela Montero conseguiu o galardón en seis ocasións, Raquel Fidalgo en catro e Trini F. Silva en catro, mentres que Cristina Couto, Fanny Bello e Martina Cambeiro o fixeron en dúas. Nesta categoría é salientábel tamén que ata en nove ocasións (de vinte e cinco edicións dos Premios) foron os espectáculos de Sarabela Teatro os que levaron o premio.
Notas
editar- ↑ A Esmorga triunfa nos María Casares con cinco galardóns Arquivado 28 de marzo de 2010 en Wayback Machine., artigo en Xornal.com
- ↑ Os XV Premios de Teatro María Casares foron a gran festa da escena galega, web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, 25/3/2011.