Premier Liha
O Premier Liha ou Liga Premier é a máxima categoría da liga profesional de fútbol que se disputa en Ucraína. O campionato naceu en 1991 trala desintegración da Unión Soviética, coa denominación de Liga Suprema. Esta denominación foi trocada pola actual en 2008.
![]() ![]() | |
Tipo | liga de fútbol ![]() |
---|---|
Organizador | Ukrainian Premier League (en) ![]() Federación de Fútbol de Ucraína (–2008) ![]() |
Liga inferior | Campeonato Ucraniano de Futebol - Segunda Divisão (pt) ![]() ![]() |
Número de participantes | 16 ![]() |
Localización e Datas | |
País | Ucraína ![]() |
Vixencia | 1991 – ![]() |
Calendario da tempada | xullo – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | upl.ua ![]() |
![O Donbass Arena.](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/0/0c/2014._%D0%94%D0%BE%D0%BD%D0%B1%D0%B0%D1%81%D1%81_%D0%90%D1%80%D0%B5%D0%BD%D0%B0_%2814072322363%29.jpg/300px-2014._%D0%94%D0%BE%D0%BD%D0%B1%D0%B0%D1%81%D1%81_%D0%90%D1%80%D0%B5%D0%BD%D0%B0_%2814072322363%29.jpg)
O Dynamo de Kíiv e o Shakhtar Donetsk dominan o palmarés da competición, xuntando 24 títulos nas 25 edicións disputadas. Tan só o Tavriya Simferopol foi quen de superar esa hexemonía gañando a primeira edición da liga, en 1992.
O formato da liga consiste nunha liga de 14 equipos que disputan 26 xornadas, nas que cada equipo se enfronta dúas veces ós outros 13, unha vez como local e outra como visitante. Os encontros comezan en xullo, e rematan en maio do ano seguinte, cunha paréntese de 3 meses entre decembro e marzo no que non se disputa ningún encontro por mor do inverno. Ó remate da tempada, o último clasificado da táboa descende de categoría á Persha Liha. Os equipos que rematan nas dúas primeiras posicións acadan o dereito a competir na Liga de Campións da UEFA, e os equipos que rematan entre as posicións 3ª e 6ª, acadan o dereito a competir na UEFA Europa League.
Equipos participantes
editarTempada 2022–23
editarNesta campaña na Liga Premier participan 14 equipos da tempada anterior e os dous mellores da Persha Liha 2021–22. Dous equipos non participaron debido á destrución das súas infraestruturas pola ocupación rusa de Ucraína.
Palmarés
editarO palmarés da liga está dominado principalmente por 2 clubs:
Nº Títulos | Equipo | Campionatos obtidos |
---|---|---|
16 | Dynamo Kyiv | 1992–93, 1993–94, 1994–95, 1995–96, 1996–97, 1997–98, 1998–99, 1999–00, 2000–01, 2002–03, 2003–04, 2006–07, 2008–09, 2014–15, 2015–16, 2020-21 |
13 | Shakhtar Donetsk | 2001–02, 2004–05, 2005–06, 2007–08, 2009–10, 2010–11, 2011–12, 2012–13, 2013–14, 2016–17, 2017–18, 2018–19, 2019–20 |
1 | Tavriya Simferopol | 1992 |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial da UPL (en ucraíno) (en inglés)
- Páxina oficial da Premier Liha (en inglés)