Premier League (Irlanda)
A Premier League (antes Superleague) é a máxima categoría do baloncesto masculino de Irlanda. Participan na competición 10 equipos, sendo o equipo máis laureado o Neptune Cork, equipo que gañou o campionato en 11 ocasión.
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | Basketball Ireland (en) |
Localización e Datas | |
País | Irlanda |
Vixencia | 1973 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | basketballireland.ie… |
Equipos
editarOs seguintes son os equipos que compiten na temporada 2015−16 da Premier League.
Equipo | Cidade | Provincia | Pavillón |
---|---|---|---|
Belfast Star | Belfast | Ulster (Ulaidh) | Methodist College |
DCU Saints | Dublín | Leinster (Laighin) | DCU Sports Complex |
Éanna | Dublín | Leinster (Laighin) | Coláiste Éanna |
Killester | Dublín | Leinster (Laighin) | IWA |
Moycullen | Galway | Connacht (Connachta) | NUIG Kingfisher |
Swords Thunder | Dublín | Leinster (Laighin) | ALSAA |
Templeogue | Dublín | Leinster (Laighin) | Oblate Hall |
UCC Demons | Cork | Munster (An Mhumhain) | Mardyke Arena |
UCD Marian | Dublín | Leinster (Laighin) | UCD Sports Centre |
UL Eagles | Limerick | Munster (An Mhumhain) | UL Arena |
Formato
editarDesde a temporada 2003–04 até a 2011–12, a liga estivo dividida en dúas conferencias: a Conferencia Norte e a Conferencia Sur, sendo determinado o gañador da competición decidido nunha final entre os dous mellores conxuntos de cada unha. Antes de 2003-04, o campión da liga era o equipo que acababa de primeiro nunha liga de todos contra todos, sendo evidentemente o subcampión o equipo que remataba no segundo posto. A excepción a este método de competición foi a temporada 2001−02, onde o Waterford Crystal gañou a liga despois de vencer unha eliminatorias despois da fase regular.[1] Na temporada 2012–13, a liga volveu ao modelo vello e eliminou as conferencias, estabelecendo de novo a consideración de campión da competición ao equipo que finaliza no primeiro lugar da liga.
Palmarés
editar
|
|
Notas
editar- ↑ "Premier League: Season 2001-2002". Eurbasket (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 12 de outubro de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficial Arquivado 13 de agosto de 2013 en Wayback Machine.
- Basketball Ireland
- A Premier League en Eurobasket.com