Premier Hockey Federation
A Premier Hockey Federation (PHF) foi unha liga profesional feminina de hóckey sobre xeo no Canadá e os Estados Unidos, e operou entre marzo de 2015 e xuño de 2023. A liga foi creada en 2015 baixo a denominación de National Women's Hockey League (NWHL), e estaba composta por catro equipos propiedade da liga. Co tempo, algúns equipos conseguiron propietarios independentes e o número de participantes aumentou a sete; os equipos que conformaban a liga durante a súa derradeira tempada foron o Boston Pride, as Buffalo Beauts, o Connecticut Whale, as Metropolitan Riveters, as Minnesota Whitecaps, o Montreal Force, e o Toronto Six. Cada ano o equipo campión dos play-offs recibía a Isobel Cup.
![]() ![]() | |
Tipo | liga deportiva ![]() |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo ![]() |
Localización e Datas | |
País | Estados Unidos de América ![]() |
Vixencia | 2015 – 2023 ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | premierhockeyfederation.com ![]() |
A PHF cesou as súas operacións o 29 de xuño de 2023, logo de que a liga e as súas propiedades intelectuais foran adquiridas polo Mark Walter Group e BJK Enterprises, lideradas por Mark Walter e Billie Jean King, respectivamente. Ambas empresas asociáranse coa Professional Women's Hockey Players Association (PWHPA) en maio de 2022, coa intención de crear unha nova e unificada liga profesional feminina en América do Norte. O 29 de agosto de 2023, os socios anunciaron a formación da Professional Women's Hockey League (PWHL), que comezou en xaneiro de 2024.
Equipos
editarEquipo | Cidade | Pavillón principal | Copas | Ingreso | Equipos asociados |
---|---|---|---|---|---|
Boston Pride | Boston, Massachusetts | Warrior Ice Arena | 3 | 2015 | Boston Bruins (NHL) |
Buffalo Beauts | Amherst, Nova York | Northtown Center | 1 | 2015 | Buffalo Sabres (NHL) |
Connecticut Whale | Simsbury, Connecticut | International Skating Center of Connecticut[1] | 0 | 2015 | |
Metropolitan Riveters | East Rutherford, Nova Jersey | The Rink at American Dream[1] | 1 | 2015 | New Jersey Devils (NHL) |
Minnesota Whitecaps | Richfield, Minnesota | Richfield Ice Arena[2] | 1 | 2018 | Minnesota Wild (NHL) |
Montreal Force | Montreal, Quebec | Varios[a] | 0 | 2022 | |
Toronto Six | Toronto, Ontario | Canlan Ice Sports – York | 1 | 2020 |
Notas
editar- ↑ O equipo xogou os seus primeiros dous partidos como local na tempada 2022–23 no Centre 21.02, que tamén empregou como local de práctica; o Force xogou o resto dos seus partidos como local en cinco sedes diferentes por toda a provincia de Quebec.[1]
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "PHF Announces 2022–23 Season Schedule". Premier Hockey Federation (en inglés). 19 de setembro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2022. Consultado o 10 de agosto de 2024.
- ↑ "RICHFIELD ICE ARENA BECOMES NEW HOME OF PHF'S MINNESOTA WHITECAPS". Whitecaps Media (en inglés) (Premier Hockey Federation). 29 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2022. Consultado o 10 de agosto de 2024.