Praias de El Sardinero
As praias de El Sardinero son dúas praias da cidade de Santander, en Cantabria, situadas no barrio de El Sardinero.
Localización | |||
---|---|---|---|
División administrativa | España | ||
Son dúas praias distintas aínda que están seguidas na liña de costa e cando baixa a marea únense. Reciben o nome de Primeira e Segunda praia de El Sardinero.
No pasado, unha das praias era utilizada polas clases medias e baixas e a outra era usada polas clases altas santanderinas, polo que había unha diferenciación social entre ambas. Hoxe en día ambas as praias son moi familiares e moi concorridas durante o verán, xa que son as máis extensas coas que conta a cidade.