Praia de l'Almadrava, Benicàssim
A praia de l'Almadrava é unha praia do concello de Benicàssim, na provincia de Castelló. O seu nome fai referencia á almadraba (almadrava en valenciano), aparato utilizado para a pesca de atún que abundaba na zona.
Tipo | praia praia de area dourada praia urbana ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Benicàssim, España ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo ![]() | |||
Características | ||||
Dimensións | 50 (![]() ![]() | |||
Actividade | ||||
Premios | Bandeira Azul ![]() | |||
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Praia de l'Almadrava.
É unha prolongación da praia de Voramar coa que limita polo norte e continúa tamén cara ao sur, onde se atopa a praia da Torre de Sant Vicent. Están separadas entre si por uns espigóns que reducen o impacto das ondas. Ten uns 600 metros de lonxitude por uns 60 metros de largo.
Conta cun paseo marítimo que percorre as diferentes praias do fronte marítimo de Benicàssim. Atópase nunha contorna fortemente urbanizada e ten acceso dende a rúa. Ten o distintivo de bandeira azul.