Praia de Ponent, Benidorm
A praia de Ponent (en castelán: Playa de Poniente), antigamente coñecida como praia da Escata, é unha praia de area do municipio de Benidorm, provincia de Alacant.
Tipo | praia ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Benidorm, España ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo ![]() | |||
Esta praia limita ao norte co porto deportivo e ao sur co Tossal e ten unha lonxitude de 3.100 m, cunha amplitude de 110 m.
Sitúase nunha contorna urbana, dispoñendo de acceso por rúa. Conta con paseo marítimo e aparcadoiro delimitado. Dispón de acceso para discapacitados. É unha praia balizada. Esta praia conta co distintivo de Bandeira Azul.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praia de Ponent, Benidorm |