Praia de Doniños
A praia de Doniños e a súa lagoa son unha contorna natural case virxe do concello de Ferrol. A praia ten bandeira azul e tódolos equipamentos. A zona vixiada son os dous extremos da praia sendo perigosa polas correntes nas zonas indicadas. Está moi ben comunicada e ten amplos aparcadoiros. A contorna está moi ben coidada. É con diferenza a praia máis coñecida de Ferrol. O seu amplo e limpo areal é empregado para todo tipo de deportes náuticos. Preto dela está un amplo pinar de monte común e o castro de Lobadiz. Accedese á praia polos dous extremos e pola parte central por camiños peonís sinalizados.
Praia de Doniños | |
---|---|
![]() Vista da praia dende Monte Ventoso | |
![]() ![]() ![]() | |
Características xerais | |
Localización | Ferrol |
Lonxitude | 1.900 m |
Largo medio | 50 m |
Grao de ocupación | Media |
Grao de urbanización | Ningún |
Paseo marítimo | ![]() |
Características específicas | |
Tipo de praia | Mar Aberto |
Tipo de area | Fina e branca |
Condicións do baño | ![]() |
Praia nudista | Si |
Aspectos medioambientais | |
Bandeira Azul | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Policía local | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Accesible a discapacitados | ![]() |
Tipo de acceso | Peonil con aparcadoiro |
Sinalización do acceso | ![]() |
Historia
editar- Artigo principal: Batalla de Brión.
O 25 e 26 de agosto de 1800 tropas británicas desembarcaron na praia de Doniños para atacar Ferrol, tamén coñecida como batalla de Doniños.
Galería de imaxes
editar-
Surf en Doniños
-
Desembocadura da Lagoa de Doniños na praia
-
A praia
-
Praia de Doniños, regato da Lagoa de Doniños.