Porta do Paraíso
A Porta do Paraíso é a porta leste do Baptisterio de Florencia, atópase situada fronte á catedral de Santa María do Fiore. Foi realizada polo ourive e escultor Lorenzo Ghiberti en 1452 e é a súa obra cume e unha das obras máis destacadas do Renacemento. Completamente dourada, foille posto o sobrenome de 'o Paraíso' por Miguel Anxo. Despois do aluvión de Florencia os paneis orixinais foron restaurados e conservados no Museo dell'Opera del Duomo que se atopa nas inmediacións.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/3/3a/Paradies_tuer_florenz.jpg/200px-Paradies_tuer_florenz.jpg)
Historia
editarEn 1424, Lorenzo Ghiberti concluíra a porta que se atopa sobre o lado norte, esta porta nacera a consecuencia dun soado concurso do que participara até Filippo Brunelleschi. Despois dunha estancia en Venecia encárgaselle inmediatamente a realización da última porta do baptisterio (a primeira, hoxe ó sur, foi realizada por Andrea Pisano entre o 1330 e o 1336). A xestión da obra foi moi longa, durou 27 anos.
Galería de imágenes
editar-
A Porta, ó completo, coas esculturas de Sansovino e Innocenzo Spinazzi.
-
Autorretrato de Lorenzo Ghiberti, no lateral do panel.
-
1. Adán e Eva. -
2. Caín e Abel. -
3. Noé (copia local). -
4. Abraham. -
5. Isaac, Esaú e Xacobe (copia local). -
6. Xosé. -
7. Moisés. -
8. Xosué. -
9. David e Goliat. -
10. Salomón e a Raíña de Saba.