Popeda
Popeda é unha banda de rock finlandés formada en Tampere en 1977. É unha das bandas con concertos en activo máis antigas de Finlandia.[1] Ao longo da súa carreira ten lanzado 20 álbums de estudio, e as gravacións da banda venderon máis de 720 000 copias en 2017.[2] En 2014 Popeda recibiu o Premio Finlandia.[3]
Popeda | |
---|---|
![]() Popeda no Provinssirock en 2013. | |
Orixe | Tampere (Pirkanmaa), ![]() |
Período | 1977 - actualidade |
Xénero(s) | suomirock, hard rock |
Selo(s) discográfico(s) | Poko, Universal |
Membros | Costello Hautamäki Alex Hautamäki Lacu Lahtinen Pate Kivinen Olli Herman |
Na rede | |
www.popeda.fi | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
As raíces musicais de Popeda están no boogierock. Nos inicios da formación a súa música e as súas letras estaban influenciadas polo New Wave, mais nos inicios da década de 1980 o seu estilo musical mudou cara o hard rock e o rock finlandés máis melódico. Popeda é chamada a creadora do chamado "äijärock" finlandés, e a música da banda foi descrita tamén como "junttirock". As cancións máis coñecidas da banda son, entre outras: "Kuuma kesä", "Tahdotko mut tosiaan", "Kersantti Karoliina", "Matkalla Alabamaan" e "Punaista ja makeaa".
A formación orixinal de Popeda estaba formada polo cantante Pate Mustajärvi, os guitarristas Ari Puukka e Arwo Mikkonen, o baixista Ilari Ainiala e o batería Kai Holm. Ao longo da súa carreira, a banda experimentou numerosas mudanzas na súa formación.[4] En setembro de 2023 Pate Mustajärvi deixou a banda e Olli Herman converters no novo solista.
Notas
editar- ↑ Lindfors, Jukka (11 de outubro de 2017). "Popedan keikkaklassikoita". Yle (en finés). Consultado o 8 de febreiro de 2025.
- ↑ Kontiainen 2017, p. 503.
- ↑ Mansikka, Heli (4 de decembro de 2014). "Popedalle valtion Suomi-palkinto: Yksinkertaista ja tarttuvaa "äijärokkia"". Yle uutiset (en finés). Consultado o 8 de febreiro de 2025.
- ↑ Kontianen & Starck 2008, p. 29.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Kontiainen, Vesa; Starck, Kjell (2009). Popeda. Ilikeesti kiitää (en finés). Helsinqui: Like. ISBN 978-952-01-0328-6.
- Kontiainen, Vesa (2017). Popeda. Nelkytä vuotta (en finés). Helsinqui: Bazar. ISBN 978-952-279-396-6.
- Finn, Tina; Mustajärvi, Pauli (2024). Ratinaan se päättyi (en finés). Docendo. ISBN 9789523827219.
Ligazóns externas
editar- Sitio web oficial (en finés)