Multímetro
(Redirección desde «Polímetro»)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Un multímetro ou polímetro é un aparato de medida universal, é dicir, capaz de medir unha gama variada de magnitudes físicas como tensión, intensidade (tanto en corrente continua coma en alterna) e resistencias, polo que se pode entender como un aparato de medida capaz de converterse en voltímetro, amperímetro ou ohmímetro.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/a/a6/Digital_Multimeter_Aka.jpg/220px-Digital_Multimeter_Aka.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/4/4f/Tongtester.jpg/220px-Tongtester.jpg)
Tipos
editar- Analóxicos: Aqueles que empregan movementos para indicar a cantidade a medir sobre unha escala continua.
- Dixitais: Aqueles que amosan o resultado da medición en intervalos discretos ou numéricos, xeralmente nunha pantalla formada por displays, evitando os erros de lectura, paralelaxe e interpolación á vez que incrementan a velocidade de lectura.
Características
editar- Campos de medición: Magnitudes físicas capaces de ser lidas polo multímetro.
- Alcances: Diferentes rangos de lectura dentro de cada magnitude a medir.
- Precisión: Erro máximo de lectura dado na escala polo aparato.
- Sensibilidade (só analóxicos): Mínima variación perceptible polo aparato na medida realizada.
- Resistencia de Entrada: Resistencia á cal equivale o aparato entre os puntos do circuíto en que se conecta.
Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |