Poboación de feito
A poboación de feito (ou de facto) é, para un determinado momento (xeralmente un ano censal), a poboación composta por presentes e transeúntes. Adoita ser o denominador nos principais algoritmos para calcular taxas.[1]
Distinción entre poboación de feito e poboación de dereito
editarTrátase dunha distinción de carácter xurídico-administrativo. É habitual que ambas as poboacións, feito e dereito, non coincidan en número.[1]
Poboación de feito
editarFálase de poboación de feito cando se atende á localización real dunha persoa, normalmente cando se fai un reconto de poboación como o censo, independentemente de se está empadroada ou non no lugar en que se atopa.[1]
Dentro da poboación de feito, estabelécese diferenza entre os residentes e os transeúntes, que son aqueles que aparecen no reconto pero que en realidade son poboación de dereito noutra localidade.
Poboación de dereito
editarA poboación de dereito é a empadroada nun lugar, poboación residente, e determina, entre outros aspectos, o lugar onde pode exercer dereitos políticos, como o voto.[1]
Dentro da poboación de dereito estabelécese a diferenza entre a poboación presente e a poboación ausente.