Pobo yugh
O pobo yugh (ou yug) é un pobo ieniseiano en perigo de extinción. Viven ao longo do río Ienisei, no centro de Siberia.[1]
Pobo yugh | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: 7 (2020) | |
Rexións principais: | |
Federación Rusa | Krai de Krasnoiarsk |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua yugh |

Historia
editarA concepción tradicional era que os yugh pertencían ao pobo keta, mais na década dos sesenta determinouse que formaban o seu propio grupo étnico, con lingua e cultura de seu. Porén, a finais dos oitenta xa desapareceran como pobo diferenciado. Nos noventa, apenas quedaban dous ou tres falantes da lingua yugh.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "East Asian Studies 210 Notes: The Ket". web.archive.org. 2019-04-06. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2019. Consultado o 2023-12-29.