Pobo pitjantjatjara
Os pitjantjatjara son un pobo aborixe australiano que habita no deserto central de Australia. Están estreitamente relacionados cos yankunytjatjara e ngaanyatjarra, e as súas linguas son mutuamente intelixibles (todas elas son variedades das linguas wati).
Pobo pitjantjatjara | |
---|---|
![]() Ranger pitjantjatjara en Uluru. | |
Poboación | |
Poboación total: 2 000 | |
Rexións principais: | |
![]() | Australia central |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua pitjantjatjara |
Relixión | Relixión tradicional e cristianismo |
Grupos relacionados | aborixes australianos |
Eles chámanse a si mesmo anangu (pobo). Os pitjantjatjara viven principalmente ó noroeste de Australia Meridional, estendéndose ó longo da fronteira co Territorio do Norte até o lago Amadeus, e ó oeste até Australia Occidental. A terra é unha parte importante e inseparable da súa identidade.[1]
Notas
editar- ↑ Kimber 1986, chapter 12.